22/08/2019
LIFE OSO COUREL propón a charla "Convivindo con osos na Serra do Courel" 🐻
Desde finais do século XX, a poboación cantábrica do oso pardo inicia o proceso de recuperación grazas aos esforzos de conservación aplicados sobre a especie e o seu hábitat e a anovada percepción positiva do oso no medio rural. Esta recuperación permite un aumento de osos que se dispersan cara novas zonas favorecendo a conexión entre os núcleos reprodutores e a expansión cara territorios dos que desaparecera fai longo tempo.
O oso desapareceu a finais do século XIX da Serra do Courel. A súa presenza quedou limitada en terras galegas a enclaves nos Ancares próximos ás serras do Alto Sil leonés e o occidente asturiano. Os numerosos albares de pedra que permaneceron repartidos por este territorio reflicten séculos de convivencia entre osos e humanos e os esforzos realizados para protexer as colmeas.
Agora os osos volven ao Courel de forma totalmente natural e faise necesario concienciar para favorecer a convivencia entre osos e humanos con accións de información, sensibilización e prevención de conflitos🐝
O sábado 24 ás 16h. falará Fernando Ballesteros Bienzobas, coordinador do proxecto Life Oso Courel.
Fundacion Oso Pardo - Facebook e Twitter
Asociacion Galega Custodia do Territorio - Facebook
https://www.facebook.com/fundacionosopardo/
https://www.facebook.com/custodiadoterritorio/