12/09/2026
🔴 𝐀𝐑𝐓𝐄𝐈𝐗𝐎 𝐄 𝐕𝐈𝐋𝐀𝐍𝐎𝐕𝐀 𝐇𝐄𝐑𝐌𝐀́𝐍𝐀𝐍𝐒𝐄 𝐁𝐀𝐈𝐗𝐎 𝐀 𝐃𝐄𝐕𝐎𝐂𝐈𝐎́𝐍 𝐃𝐀𝐒 𝐕𝐈́𝐑𝐗𝐄𝐍𝐒 𝐃𝐀 𝐏𝐀𝐒𝐓𝐎𝐑𝐈𝐙𝐀
🔴 𝐕𝐢𝐥𝐚𝐧𝐨𝐯𝐚 𝐝𝐞 𝐀𝐫𝐨𝐮𝐬𝐚 𝐞 𝐀𝐫𝐭𝐞𝐢𝐱𝐨 viviron esta tarde unha xornada moi especial co 𝐡𝐞𝐫𝐦𝐚𝐧𝐚𝐦𝐞𝐧𝐭𝐨 𝐞𝐧𝐭𝐫𝐞 𝐚𝐬 𝐩𝐚𝐫𝐫𝐨𝐪𝐮𝐢𝐚𝐬 𝐝𝐚 𝐏𝐚𝐬𝐭𝐨𝐫𝐢𝐳𝐚 𝐝𝐞 𝐀𝐫𝐭𝐞𝐢𝐱𝐨 𝐞 𝐝𝐚 𝐏𝐚𝐬𝐭𝐨𝐫𝐢𝐳𝐚 𝐝𝐞 𝐕𝐢𝐥𝐚𝐧𝐨𝐯𝐚, unidas por unha mesma advocación mariana.
🔴 Arredor de 𝟏𝟐𝟎 𝐯𝐞𝐜𝐢𝐧̃𝐨𝐬 𝐞 𝐯𝐞𝐜𝐢𝐧̃𝐚𝐬 𝐜𝐡𝐞𝐠𝐚𝐝𝐨𝐬 𝐝𝐞𝐬𝐝𝐞 𝐀𝐫𝐭𝐞𝐢𝐱𝐨 desprazáronse ata Vilanova para participar na celebración. Os integrantes da comitiva portaron 𝐨 𝐩𝐚𝐧̃𝐨 𝐯𝐞𝐫𝐝𝐞, dando cor e identidade propia ao encontro.
🔴 Aínda que hoxe Vilanova celebraba tamén a festividade de 𝐒𝐚𝐧 𝐑𝐨𝐪𝐮𝐞, a xornada tivo un significado especial coa celebración deste hermanamento. As dúas imaxes da 𝐕𝐢𝐫𝐱𝐞 𝐝𝐚 𝐏𝐚𝐬𝐭𝐨𝐫𝐢𝐳𝐚, a chegada desde Arteixo e a venerada en Vilanova, saíron xuntas en procesión polas rúas da localidade.
🔴 Foi así como 𝐚𝐬 𝐝𝐨𝐮𝐬 𝐏𝐚𝐬𝐭𝐨𝐫𝐢𝐳𝐚 𝐜𝐚𝐦𝐢𝐧̃𝐚𝐫𝐨𝐧 𝐱𝐮𝐧𝐭𝐚𝐬, nunha imaxe cargada de simbolismo que serviu para celebrar a devoción compartida e o vínculo creado entre ambas parroquias.
🔴 A presenza dos veciños e veciñas de Arteixo, xunto cos de Vilanova, converteu a tarde nun 𝐞𝐧𝐜𝐨𝐧𝐭𝐫𝐨 𝐝𝐞 𝐜𝐨𝐧𝐟𝐫𝐚𝐭𝐞𝐫𝐧𝐢𝐝𝐚𝐝𝐞, 𝐭𝐫𝐚𝐝𝐢𝐜𝐢𝐨́𝐧 𝐞 𝐟𝐞, no que as dúas comunidades fixeron oficial unha relación unida pola mesma advocación.