27/06/2026
Como a algúns xa vos soará, o pasado 3 de maio avisáronnos dunha gata que fora atacada por un can e que deixaba atrás 5 crías. Durante días buscamos á nai coa esperanza de atopala, mentres os pequenos quedaban a salvo nunha casa de acollida. Lamentablemente, a nai nunca apareceu e, das 5 crías, só unha conseguiu saír adiante.
Ese supervivente é Coti, e xa está listo para atopar a súa familia definitiva 🏡.
Xa non necesita biberón, come pienso e latiña sen problema e utiliza o areeiro como un auténtico campión🙌🏼.
É un gatiño moi activo, intelixente e xoguetón. Encántalle explorar e investigar todo o que acontece ao seu redor; por iso se chama Coti... de cotilla! 👀🐈⬛
Criouse rodeado de cans e gatos, así que está acostumado á compañía doutros animais e non lle ten medo a nada🙀. Precisamente por iso buscamos para el unha familia responsable que lle ofreza unha vida segura en interior, lonxe dos perigos da rúa.
Tamén lle gustan moito os mimos, pero se ten que escoller entre unha sesión de caricias e unha de xogo... teno clarísimo: SEMPRE XOGAR! 🧶
📍 Atópase na Illa de Arousa.
Se cres que Coti pode formar parte da túa familia, escríbenos por mensaxe privada 💛. E senón, sempre nos podes axudar compartindo esta publicación 🙏🏼.