25/04/2025
Sábado 10… cea por eles!
Este sábado 10 de maio, en O Fento Gastro Bar (Teixugueiras 20, Vigo), celebramos unha cea solidaria a favor do Santuario Vacaloura, ese lugar máxico onde os animais rescatados volven ter unha vida chea de paz, liberdade e amor.
Unha noite para g***r da comida vegana deliciosa, do ambiente acolledor e activista… e, sobre todo, para apoiar un proxecto que loita cada día polos que non teñen voz.
Vés?
Trae o teu corazón solidario e ganas de compartir algo bonito.
Reserva xa a túa mesa e fai que a túa cea cambie vidas.