Asgafon

Asgafon Asociación de Gandeiros A Fonsagrada

Mañá venres 1 de Maio abre o prazo de solicitude das axudas do programa Marela!, de apoio á recría de Raza Rubia Galega ...
30/04/2026

Mañá venres 1 de Maio abre o prazo de solicitude das axudas do programa Marela!, de apoio á recría de Raza Rubia Galega da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) de hoxe 30 de Abril publica as bases da convocatoria con axudas de 400 € por xovencas nacidas na propia granxa, que teñan acreditado o seu primeiro parto antes dos 36 meses e que estean inscritas no Rexistro Definitivo do Libro Xenealóxico de Raza Rubia Galega de ACRUGA (Asociación Nacional de Criadores de Gando Vacún Selecto de Raza Rubia Galega), incrementando o número de animais primables ata un máximo de 10 por beneficiario/a con respecto á convocatoria da anualidade pasada.

O prazo de solicitude de MARELA! é de 10 días hábiles, do 1 ao 15 de maio, ambos incluídos. Os formularios estarán dispoñibles na páxina web da Deputación de Lugo, na sección Medio Rural e Mar:

https://deputacionlugo.gal/gl/node/81633

No caso das persoas físicas, poderán elixir presentar a solicitude por vía electrónica ou presencialmente no Rexistro da Deputación de Lugo.

Para as persoas xurídicas, o trámite será unicamente por vía electrónica.

Na anterior convocatoria de 2025, un total de 273 ganderías da provincia de Lugo recibiron estas axudas do programa MARELA! da Vicepresidencia da Deputación de Lugo para a promoción e potenciación da Raza Rubia Galega, para un total de 577 reprodutoras de "Raza Rubia Galega" beneficiarias das axudas.

A Vicepresidencia da Deputación reforza as axudas directas a granxas que críen razas autóctonas, incrementando o orzamento de 250.000 a 400.000 euros e incorporando unha nova liña de subvencións, o programa MORENAS!, dirixido á preservación das razas bovinas Cachena, Caldelá, Frieiresa, Limiá e Vianesa e das razas "Ovella Galega" e "Cabra Galega", consideradas en risco de erosión xenética. As bases das axudas do programa MORENAS! serán publicadas no BOP do vindeiro 20 de Maio.

O deputado Daniel García, responsable provincial da área de Rural da Vicepresidencia da Deputación de Lugo encadra os dous programas "no apoio a conservación e promoción das razas autóctonas, incentivando con esa achega económica a conservación e a mellora

Hoxe, o sector primario alzou a voz en Madrid.Dende a Asociación de Gandeiros A Fonsagrada sumámonos a esta mobilización...
11/02/2026

Hoxe, o sector primario alzou a voz en Madrid.

Dende a Asociación de Gandeiros A Fonsagrada sumámonos a esta mobilización para defender o presente e o futuro da nosa gandería, amosando o noso firme desacordo co acordo Mercosur e coas continuas trabas administrativas, normativas e económicas que están afogando o sector.

Os gandeiros e agricultores somos un piar fundamental para o medio rural, garantindo alimentos de calidade, benestar animal, sustentabilidade e fixación de poboación no territorio. Porén, seguimos enfrontándonos a unha competencia desleal, ao aumento constante dos custos de produción, ao exceso de burocracia e a decisións políticas que poñen en risco a viabilidade das nosas explotacións.

Hoxe estivemos presentes para esixir respecto, condicións xustas e un futuro digno para as nosas explotacións familiares e para as novas xeracións que queren seguir vivindo do campo.

O campo non se rende. O campo deféndese.

Dende a Asociación de Gandeiros A Fonsagrada manifestámonos contra un acordo que prexudica directamente ao noso sector.❌...
16/01/2026

Dende a Asociación de Gandeiros A Fonsagrada manifestámonos contra un acordo que prexudica directamente ao noso sector.

❌ Menor calidade dos produtos que chegan ao mercado
❌ Competencia desleal para as explotacións locais
❌ Aumento das importacións sen as mesmas esixencias sanitarias e ambientais

Defendemos o noso gando, o noso territorio e o futuro do rural galego.

📢 Sen gandeiría non hai rural.
✊ Polo futuro do noso gando.

⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️OFERTA DE EMPREGO
29/12/2025

⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️⚠️
OFERTA DE EMPREGO

A Asociación de Gandeiros A Fonsagrada deséxavos unhas Felices Festas e un Próspero Ano 2026! 🥂
22/12/2025

A Asociación de Gandeiros A Fonsagrada deséxavos unhas Felices Festas e un Próspero Ano 2026! 🥂

O próximo sábado 13 de setembro haberá esta xornada formativa sobre o proxecto "os soutos". E necesario confirmación de ...
09/09/2025

O próximo sábado 13 de setembro haberá esta xornada formativa sobre o proxecto "os soutos".

E necesario confirmación de asistencia no email indicado na imaxe.

Despois dun verán super seco, no que as terras se esgotaron e as fontes case desapareceron, todos miramos a setembro con...
01/09/2025

Despois dun verán super seco, no que as terras se esgotaron e as fontes case desapareceron, todos miramos a setembro con atención.

Este vello dito galego recolle a incerteza do mes: pode traer semanas de sol que sigan a seca ou treboadas que fagan medrar os ríos e poñan a proba pontes e camiños. A natureza segue sendo imprevisible… a ver que nos depara agora.

Vós cómo vedes o panorama?

-VENRES DO SOCIO-Hoxe os protagonistas son dous socios moi especiais: sempre atentos, sempre fieis, sempre ao carón do r...
08/08/2025

-VENRES DO SOCIO-
Hoxe os protagonistas son dous socios moi especiais: sempre atentos, sempre fieis, sempre ao carón do rebaño.
Non figuran nas actas nin pagan cotas, pero sen eles a nosa labor sería moito máis difícil.
Grazas a estes mastíns, as vacas están seguras… e nós tamén. 💚

📸 Juan Carlos de Arroxo
















E a ti… a que che sabe Galicia? 🌱🐂🐝🍇Nós criamos vacún, ovellas, abellas e viña para levarche á mesa o mellor da nosa ter...
05/08/2025

E a ti… a que che sabe Galicia? 🌱🐂🐝🍇
Nós criamos vacún, ovellas, abellas e viña para levarche á mesa o mellor da nosa terra.
💬 Cóntanos nos comentarios cal é o teu sabor galego favorito.
📸 María José de Lodos

🐝𝐎 𝐭𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐨 𝐢𝐧𝐯𝐢𝐬𝐢𝐛𝐥𝐞 𝐝𝐚𝐬 𝐚𝐛𝐞𝐥𝐥𝐚𝐬🐝As abellas non só producen mel: tamén manteñen con vida o ecosistema. Mediante a polin...
29/07/2025

🐝𝐎 𝐭𝐫𝐚𝐛𝐚𝐥𝐥𝐨 𝐢𝐧𝐯𝐢𝐬𝐢𝐛𝐥𝐞 𝐝𝐚𝐬 𝐚𝐛𝐞𝐥𝐥𝐚𝐬🐝

As abellas non só producen mel: tamén manteñen con vida o ecosistema.
Mediante a polinización, permiten que froiteiras, plantas e cultivos se reproduzan. Sen elas, moitos alimentos desaparecerían.
Algúns dos nosos socios tamén coidan colmeas, contribuíndo a conservar estes pequenos seres tan importantes para o futuro do campo galego. 🌿
🐝Unha soa colmea pode albergar ata 50.000 abellas traballadoras.
Dende a nosa asociación, apostamos pola convivencia entre gando, viña, horta e abellas. Porque todo forma parte do mesmo equilibrio.

📸 Casa Fidalgo, de Gromaz

🚫 A Fonsagrada di NON ao parque eólico “Muracais” 🌬️🌲Os nosos montes, a nosa auga, o noso gando... están en perigo.📍 Est...
16/07/2025

🚫 A Fonsagrada di NON ao parque eólico “Muracais” 🌬️🌲
Os nosos montes, a nosa auga, o noso gando... están en perigo.

📍 Este 19 de xullo ás 19:30h no salón de actos da Fonsagrada haberá unha charla informativa sobre o proxecto, recollida de firmas e alegacións para paralizalo.
🎥 Proxección do documental "Vidas irrenovables"

📌 Este parque afectaría directamente a moitas aldeas da zona e á nosa forma de vida. Non queremos ser sacrificados por intereses alleos.

📄 Tes ata o 1 de agosto de 2025 para presentar alegacións ao Estudo de Impacto Ambiental.
👉 No Concello tamén podes entregar a túa.

🔗 Aquí deixámosvos dous enlaces importantes: 📽️ YouTube:
https://www.youtube.com/watch?v=y1I9B24ES08

📂 Documentos e alegacións:
https://ssweb.seap.minhap.es/almacen/descarga/envio/35847dff40e14b407f81970d8c29715ce46cd154

🟢 Defendamos o rural. Defendamos o noso.

Dirección

Fonsagrada

Teléfono

+34982340486

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Asgafon publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir