Cantina Centro Goianés

Cómo llegar

Cantina Centro Goianés Somos a Cantina do Centro Goianés. Música ao vivo, cultura, gastronomía e encontros. Horario: Xoves 18h-01h. Venres 18h-02h. Sábado 10h-02h. Domingo 10h-23h

🎶 O xoves na Cantina: unha viaxe sonora da man de Elcalimbero!Detrás de Elcalimbero está Carlos, músico, compositor e ar...
12/10/2026

🎶 O xoves na Cantina: unha viaxe sonora da man de Elcalimbero!

Detrás de Elcalimbero está Carlos, músico, compositor e artesán afincado en Cádiz, que formou parte desde os seus comezos de Elbicho, unha das bandas máis singulares da escena musical estatal, e tamén de Candelaria. Na actualidade, continúa explorando camiños sonoros e traballando no proxecto Mundo Divino xunto a María del Tango.

A súa historia coa kalimba comezou durante unha xira por Bos Aires. Foi alí onde descubriu este pequeno instrumento de orixe africana, tamén coñecido como piano de polgares, e quedou engaiolado polo seu son. Desde entón, converteuse na gran protagonista das súas viaxes musicais: melodías hipnóticas, texturas envolventes e infinitas posibilidades sonoras. Carlos mesmo constrúe as súas propias kalimbas, experimentando con materiais e formas de crear novos sons. ✨

Este xoves temos a sorte de recibir na Cantina a un músico que convida a algo tan sinxelo e tan necesario como escoitar, sentir e deixarse levar pola música.

📍 Na Cantina do Centro Goianés
🎶 Música en directo
🎩 Taquilla inversa: ti decides canto achegar, contribuíndo a que a música en directo siga enchendo de vida espazos como este.

09/10/2026

El guitarrista y compositor cerrará en el Centro Goianés su trilogía inspirada en los caballos Mustang con un concierto que repasará sus tres álbumes

👀 NA CANTINA TAMÉN DAMOS A CARA POLO GALEGO! (Bueno… máis ou menos 😜)Na Cantina do Centro Goianés sumámonos a Dálle á li...
09/10/2026

👀 NA CANTINA TAMÉN DAMOS A CARA POLO GALEGO! (Bueno… máis ou menos 😜)

Na Cantina do Centro Goianés sumámonos a Dálle á lingua, un proxecto da Universidade de Santiago de Compostela que trae a lingüística ás barras dos bares para desmontar mitos sobre a lingua e demostrar que aprender tamén pode ser un xogo.

🍻 E aquí entran as BARTALLAS: unha competición na que os bares nos batemos en duelo… a golpe de preguntas e respostas! 🧠⚡

Como podes botarnos unha man?
👉 Pide algo na Cantina e colle un dos posavasos do proxecto.
👉 Escanea o código QR.
👉 Responde á pregunta e suma puntos para que a Cantina avance na Liga Mente e Palabra.

Así de sinxelo: ti aprendes, nós competimos e o galego gaña! 💥

📅 Tes ata o 1 de novembro para participar. Cada resposta conta, así que xa sabes: a próxima vez que veñas, dálle ao QR e axúdanos a gañar esta batalla lingüística!

💛 Porque na Cantina gústanos a música, a cultura, a troula… e tamén darlle á lingua!

🍔 HOXE É XOVES. E OS XOVES SABEN MELLOR CON JAM. E CON ÑAM!!Esta noite temos Jam Ñam na Cantina: música en directo con L...
08/10/2026

🍔 HOXE É XOVES. E OS XOVES SABEN MELLOR CON JAM. E CON ÑAM!!

Esta noite temos Jam Ñam na Cantina: música en directo con Laura Taka and The Tikis e, antes ou durante a jam, unha boa cea para acompañar o plan. 🎶🍻🍔

Porque aquí somos moi de escoitar, bailar, picar algo e repetir. 😉

E se hoxe non podes, non pasa nada: a cociña agárdate todo o finde para almorzar, comer ou cear:

📍 XOVES E VENRES
🌙 Cea · 19:30–23:00 h

📍 SÁBADO
☕ Almorzo · 10:00–12:30 h
🍽️ Comida · 13:00–15:00 h
🌙 Cea · 19:30–23:00 h

📍 DOMINGO
☕ Almorzo · 10:00–12:30 h
🍽️ Comida · 13:00–15:00 h
🌙 Cea · 19:30–22:30 h

Música, manduca e ganas de pasalo ben.
O resto, xa o poñemos nós. 💛

🔥 Este xoves a Jam abre con Laura Taka & The Tikis!! E aquí hai moita madeira, amig@s...Volta Laura Taka á Cantina coa s...
06/10/2026

🔥 Este xoves a Jam abre con Laura Taka & The Tikis!! E aquí hai moita madeira, amig@s...

Volta Laura Taka á Cantina coa súa voz espectacular —e ese trombón que ás veces aparece para lembrarnos que esta muller non veu aquí para facer as cousas fáciles. 😏

E vén ben acompañada de:

🎸 Irra Chouza · Guitarra
Músico curtido en proxectos como La Chata Soul, Layuca ou El Cuarto De Tula, e tamén integrante de BlueMondays. Guitarra con groove, oficio e esa capacidade de saber cando tocar… e cando deixar que a música respire.

🎻 Txelu Barreira · Contrabaixo
Habitual en formacións como La Chata Soul e tamén parte de BlueMondays. Será o encargado de poñerlle terra aos pés a este invento. O pulso, o groove e ese son profundo que fai que todo empece a coller sentido.

🥁 Julián Maeso · Batería
O noso capitán, esta vez detrás da batería, preparado para marcar o rumbo… ou para perdelo completamente se a Jam o pide. 😉

🎤 Laura Taka · Voz & trombón
Unha voz que xa coñecemos de proxectos como Mitic El Espectáculo, Samba De Batea ou Cherry Sweet. E cando lle dá por coller o trombón, a cousa pode poñerse aínda máis interesante.

Xuntos, serán os encargados de abrir a Jam Session deste xoves. Despois, xa sabedes: músicos, instrumentos, improvisación e esa bonita sensación de non saber moi ben que vai pasar a continuación.

📍 Cantina do Centro Goianés
🗓️ Xoves · 20:30 h
🎟️ Taquilla inversa

A música ponse en marcha. O resto, improvisámolo 🎶🔥

06/10/2026

Comenzando con forza e ganas renovadas en "Libres a Mares". Seguimos faendo camiño.
Gracias a cantina do centro goianes por acollernos.

O Centro Goianés organiza un concerto de Diego Pacheco o próximo sábado día 10 de outubro!Volve o noso querido Diego Pac...
05/10/2026

O Centro Goianés organiza un concerto de Diego Pacheco o próximo sábado día 10 de outubro!

Volve o noso querido Diego Pacheco a presentar o seu último disco. "Cimarrón", que da peche a unha magnífica triloxía que comezou no 2016 con "Mesteño". Seguido de "Mustango" no 2020.
Tres discos unidos por unha mesma idea, a fusión do Cabalo Mustang, e a mestura de moitos estilos musicais.

Diego fará un repaso polos 3 discos; Mesteño, Mustango, e Cimarrón. Son tres discos onde o flamenco ten unha visión importante, pero tamén están abertos o jazz, blues, pop, rock, funk, Wester, etc...Non son so tres discos, son as raíces, a mestizaxe, e o mundo deste fantástico músico.

📍 Entrada - 15€
📍 Entrada para Socios do Centro Goianés - GRATIS

Agardámosvos o sábado ás 23hs. Salón do Centro Goianés.



destacados

03/10/2026
02/10/2026

Mañá sábado, ás 20hs! Non volo podedes perder!

Dirección

Avenida Ordoñez Nº54
Tomiño
36750

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Cantina Centro Goianés publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir