03/09/2026
VIII Semana do Patrimonio Invisible abre cinco lugares inéditos en Compostela
A cidade combina este programa coas Noites do Patrimonio entre os días 7 e 12 de setembro
Ás 12 da mañá deste 4 de setembro abre o prazo para reservar unha das máis de 700 prazas dispoñibles para participar na VIII Semana do Patrimonio Invisible de Santiago de Compostela. O programa municipal que coordina a empresa Trivium incorpora entre os días 7 e 11 cinco novos espazos que están habitualmente fechados ao público, e preséntase integrado coas Noites do Patrimonio, que se desenvolven os días 11 e 12.
O Convento do Carme, o Pazo de Bendaña-Fundación Granell, o colexio e antigo convento das Orfas, o Museo do Pobo Galego e mais a visita secreta que fecha o programa compoñen as novidades desta xeira da Semana do Patrimonio Invisible. A estes súmanse lugares que xa tiveron unha ampla demandas en edicións anteriores como o Pazo Arcebispal, o Pazo de Raxoi, a Casa da Parra, o Auditorio de Galicia, as escavacións da Catedral e os Mananciais de Compostela, ata totalizar unha ducia de localizacións. Con vistas a facilitar o acceso ao máximo de solicitudes, cada unha só poderá reservar un percorrido guiado para dúas persoas.
A coincidir con esta iniciativa, o Concello presentou tamén As Noites do Patrimonio, programa que se desenvolve en coordinación co Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade. No marco desta iniciativa, a praza da Quintana acollerá o día 12 unha representación do espectáculo La consagración de la primavera, unha proposta que integra o público a partir da histórica coreografía que Pina Bausch realizou sobre a peza de Stravinski e que corre a cargo de Roger Bernat. O propio Bernat abrirá na véspera un programa sobre "uso e abuso" do patrimonio. A Real Banda de Cadeiras Encartables e un recital da agrupación musical do Museo da de la Troya en homenaxe a Pérez Lugín completan as actuacións previstas neste programa. (Continúa en Culturagalega.gal)