Entre Pedras

Entre Pedras Cafetería-Bar Vegano!! Exquisitas tapas, tostas, hamburguesas, durums, sandwiches, patatas ou quesa

O restaurante Entre Pedras é un proxecto que naceu para ofrecer en Compostela cociña vegana nun local con bo ambiente no que todo o mundo se pode sentir como na sua propia casa. El restaurante Entre Pedras es un proyecto que nació para ofrecer en Compostela cocina vegana en un local con buen ambiente y en el que todo el mundo se puede sentir como en su propia casa. Entre Pedras is a project born to offer vegan food in Compostela and a place where everybody can feel like in his own home.

✨FIN✨😔Queremos comunicar que o Entre Pedras vai pechar as súas portas. Algunhas xa o sabedes e outras enterarédesvos por...
14/10/2025

✨FIN✨

😔Queremos comunicar que o Entre Pedras vai pechar as súas portas. Algunhas xa o sabedes e outras enterarédesvos por aquí.
Os motivos son centos, miles , e todos xuntos fixeron que entenderamos que poñer fin a esta etapa era o mellor para nós, para o noso corpo e sobre todo para a nosa mente.
Soster un proxecto tan traballoso durante tantos anos supón moito desgaste e , de verdade, chegamos a non poder mais.
É unha decisión tan meditada como dolorosa . Doe o corazón e da vértigo pero decidimos ser valentes e darlle o final que se merece .
Imos estar ata o 9 de novembro seguro, para que poidamos ir despedíndonos pouco a pouco.
Non temos máis que agradecemento a todas as persoas que fixestes realidade o noso soño, o primeiro local vegano en Compos que por sorte deu paso a moitos máis.
Non solo somos un bar, somos comunidade. Cantos de vós agora sodes familia, cantas historias xestadas comendo unha burger de froitos secos e unhas setas empanadas . Como vos imos botar de menos !
Por sorte , Compostela é pequena e moitas non nos perderemos a pista.
❤️Querémosvos e seguiremos coidando dos bichiños e loitando por un mundo libre de explotación animal.

💚GRAZAS INFINITAS, ATA SEMPRE💚

🌟MENÚ NOITEVELLA🌟🥳Este será o noso menú para despedir 2024 e darlle a benvida a 2025 coa barriga contenta 💫🤭🥳👩🏽‍🍳De  ent...
11/12/2024

🌟MENÚ NOITEVELLA🌟

🥳Este será o noso menú para despedir 2024 e darlle a benvida a 2025 coa barriga contenta 💫🤭

🥳👩🏽‍🍳De entrante “acarajés con vatapá”, un prato típico do Brasil. Son boliñas feitas con freixón fradiño, crocantes por fora e tenras por dentro. Recheas de vatapá, que é un mollo de xenxibre , verduriñas e gambas.

🥳👩🏽‍🍳De primeiro unha Brandada, que é un prato típico do Sur de Francia. A nosa versión está feita dunha cama de puré suave de coliflor con marmelo rebozado en sésamo e tofu crocante.
🫣Sabemos qué é un prato arriscado, pero superou todas as nosas expectativas nas probas, e encántannos os retos. Esperemos que a vós tamén 😅.

🥳👩🏽‍🍳De principal, costelas de soia con chimichurri e patacas guarnición. Que tampouco hai que arriscar en todos 🤣🤣.

🥳👩🏽‍🍳De postre unha tarta de queixo semifría con base de dátil e froitos secos , bañada en caramelo salgado 🤩🍰.

👩🏽‍🍳👩🏽‍🍳SE O QUERES SEN GLUTEN SÓ TES QUE AVISARNOS, PERO NON TE ESQUEZAS 🤣🤣.

💫🍇Uvas incluídas.

🌟A recoller no local a tarde do 31 entre as 17:30 e as 18:30.

💫➡️Reservas por aquí, por teléfono (981564097) ou directamente no bar!

💚💚Que mellor forma de empezar o ano que sen comernos a ninguén 🤭.

💚💚💚Por un 2025 máis vegano ca nunca💚💚💚

Dirección

Hospitaliño, 7
Santiago De Compostela
15704

Horario de Apertura

Viernes 13:00 - 16:30
19:30 - 00:00
Sábado 13:00 - 16:30
19:30 - 00:00
Domingo 13:00 - 16:30
19:30 - 00:00

Teléfono

+34981564097

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Entre Pedras publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Entre Pedras:

Compartir

Categoría