Riquela Bar, Live Music & Compostela

🔥🐟 NOITE DE SAN XOÁN NA PRAZA FEIXÓO 🐟🔥A noite máis curta e máxica do ano está aquí. E celebrámola como se merece: na rú...
22/06/2026

🔥🐟 NOITE DE SAN XOÁN NA PRAZA FEIXÓO 🐟🔥

A noite máis curta e máxica do ano está aquí. E celebrámola como se merece: na rúa, con lume, música e sardiñas.

O 23 de xuño, a partir das 21:00h, a Praza de Feixóo convértese no epicentro da foliada. Ven a desfrutar de:

🎵 Foliada con música e baile tradicional
🐟 Sardiñada para comer á calor da fogueira
🔥 Cacharela para saltar

Organizan: Riquela, Modus Vivendi e Borriquita de Belém.

🗓 23 DE XUÑO
⏰ A partir das 21:00h
📍 Praza de Feixóo, Santiago de Compostela
🎟 Entrada libre

Feliz Noite de San Xoán! 🎇✨

Tras un tempo de silencio, Néboa regresa ao escenario cun disco novo e coas pilas recargadas.O venres 5 de xuño volven a...
03/06/2026

Tras un tempo de silencio, Néboa regresa ao escenario cun disco novo e coas pilas recargadas.

O venres 5 de xuño volven a Santiago, volven a Riquela, e fano para presentar en directo o que estiveron cociñando todo este tempo. Cancións novas, enerxía renovada e esa maxia que só eles saben crear.

Unha cita imprescindible para os que os levabamos esperando. Para os que creen nas segundas (ou terceiras) partes. Para os que saben que Néboa é sinónimo de bo rolo e temazos.

🗓 VENRES 5 DE XUÑO
⏰ 20:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas á venda en DICE (link en bio)

Non faltes. Isto vai ser especial. ✨

O sábado 13 de xuño, Riquela recibe a unha auténtica besta do escenario: Boom Boom Kid, o proxecto en solitario de Carlo...
29/05/2026

O sábado 13 de xuño, Riquela recibe a unha auténtica besta do escenario: Boom Boom Kid, o proxecto en solitario de Carlos Rodríguez (ex Fun People).

Hardcore, punk, rock alternativo... pero tamén folk, rockabilly e psychobilly. Todo vale baixo o seu propio selo, Ugly Marcas. Un directo sen rede, visceral e honesto, que non deixa a ninguén indiferente.

Se che gusta o ruído ben feito e a actitude sen filtros, esta é a túa noite.

🗓 SÁBADO 13 DE XUÑO
⏰ 20:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas á venda en:
➡ El Muelle
➡ El Muelle Shop
➡ Black Cat

Preparade os oídos! 🔊

O xoves 25 de xuño, Riquela recibe a unha das mellores bandas nacionais do momento. Vera Fauna chega a Santiago co seu d...
19/05/2026

O xoves 25 de xuño, Riquela recibe a unha das mellores bandas nacionais do momento. Vera Fauna chega a Santiago co seu disco “Dime dónde estamos” debaixo do brazo e un directo que conquistou salas e festivais de arriba a abaixo.

O seu xa non é unha promesa. É realidade. O 2025 foi o ano da súa consagración, e agora veñen demostralo na nosa casa. Cancións que enganchan, unha posta en escena impecable e ese non sei que que converte cada concerto nunha festa.

Unha cita imprescindible para os amantes do indie patrio.

🗓 XOVES 25 DE XUÑO
⏰ 20:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas á venda en Eventim (link en bio)

Non te quedes fose. Isto vai soar forte. 🔊

🎶🌿 EMILIA E PABLO EN RIQUELAO xoves 28 de maio, o dúo chileno-español presenta un adianto de “De Púrpura e Melancolía”, ...
18/05/2026

🎶🌿 EMILIA E PABLO EN RIQUELA

O xoves 28 de maio, o dúo chileno-español presenta un adianto de “De Púrpura e Melancolía”, o seu novo traballo. Unha viaxe musical pola poesía de Gabriela Mistral, Alejandra Pizarnik e outras grandes, xunto ao mellor dos seus discos anteriores.

Fusión de raíz latinoamericana e flamenca, recoñecidos pola crítica (Mondo Sonoro, Premios MIN) e con colaboracións con Estrella Morente ou Niño de Elxe.

🗓 XOVES 28 MAIO
⏰ 20:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas en Woutick (link en bio)

Poesía, fusión e corazón. ❤️

O domingo 10 de maio, Riquela vístese de gala para recibir a Andhrea & The Black Cats, que veñen presentar o seu novo di...
03/05/2026

O domingo 10 de maio, Riquela vístese de gala para recibir a Andhrea & The Black Cats, que veñen presentar o seu novo disco: “Bon Appétit!!”.

Un banquete de rock, swing, rhythm & blues e moita actitude. A banda promete un directo con invitados sorpresa que fará as delicias dos amantes do bo rolo e a boa música.

Prepárate para unha noite onde as guitarras afiadas, a voz poderosa e o ritmo contaxioso sérvense en bandexa. Que aproveite!

🗓 DOMINGO 10 DE MAIO
⏰ Puertas 19:00h | Concerto 19:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas en despacho de billetes o mesmo día desde as 19:00h

Ven con fame de música! 🍽️🎶

A quentar os pés que chega a salsa!O xoves 30 de maio volvemos co noso Baile Social de Salsa en Riquela. Unha noite para...
27/04/2026

A quentar os pés que chega a salsa!

O xoves 30 de maio volvemos co noso Baile Social de Salsa en Riquela. Unha noite para soltarche, coñecer xente nova e desfrutar dos mellores ritmos latinos en pleno Santiago.

📅 XOVES 30 DE MAIO
⏰ De 20.30 a 23.00 h
📍 Riquela Club
🎟 ENTRADA LIBRE ata completar capacidade

Non fai falta saber bailar, só ter ganas de pasalo ben. Trae aos teus amigos e súmate ao plan!

O xoves 7 de maio, o coruñés Eris Mackenzie (Carlos Eirís) aterra en Riquela coa súa proposta única: unha fusión de mini...
23/04/2026

O xoves 7 de maio, o coruñés Eris Mackenzie (Carlos Eirís) aterra en Riquela coa súa proposta única: unha fusión de minimal-techno, hardstyle e tradición galega. Alalás, xotas e melodías populares atópanse con sintetizadores e produción dixital. O resultado é un son propio que non deixa indiferente.

Un creador autodidacta, cun universo privado onde o piano dialoga coa pista de baile.

🗓 XOVES 7 DE MAIO
⏰ Puertas 20:30h | Concerto 21:00h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas desde 10€ en Woutick (link en bio)

Tradición e futuro na mesma noite. 🌾⚡

O venres 24 de abril, desembarca en Santiago a proposta máis luminosa e fresca do cantábrico: JAGUAYANO.Pablo Gómez, des...
06/04/2026

O venres 24 de abril, desembarca en Santiago a proposta máis luminosa e fresca do cantábrico: JAGUAYANO.

Pablo Gómez, desde a Costa Crebada cántabra, aterra coa súa ukelele e a súa guitarra de nylon para transportarnos a praias paradisíacas que só existen na imaxinación. Ou quizá si existen. As súas.

A súa música ponche un sorriso na cara. As súas melodías arrólanche con aparente lixeireza. Pero por baixo, esa voz rachada e inconfundible escarba a alma e deixa un pouso de verdade inesperado. Como un atardecer perfecto desde a súa illa particular.

Con máis de 7 millóns de escoitas en “Encarcelado”, e un novo disco recentemente saído do forno (Botas de Aguacate, maio 2025), Jaguayano vén presentar en directo todas as cancións que xa forman parte da banda sonora de moita xente.

Un concerto para deixarse levar, cantar, sentir e soñar esperto.

🗓 VENRES 24 DE ABRIL
⏰ 20:30h
📍 Riquela Club
🎟 Entradas xa á venda Baila FM

Vésche á illa?

Dirección

Preguntoiro 35
Santiago De Compostela
15704

Horario de Apertura

Martes 11:30 - 02:00
Miércoles 11:30 - 02:00
Jueves 11:30 - 02:00
Viernes 11:30 - 03:30
Sábado 11:30 - 03:30
Domingo 11:30 - 02:30

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Riquela publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Riquela:

Compartir