A MOA A Moa é un espazo con moito encanto en Santiago de Compostela. Ubicado na rúa de San Pedro, no nos
(296)

Aínda quedan días para g***r das comidas ao aire libre e deses momentos que saben un pouco mellor cando se viven rodeado...
04/09/2026

Aínda quedan días para g***r das comidas ao aire libre e deses momentos que saben un pouco mellor cando se viven rodeados de verde☀️

O xardín seguirá aberto mentres o tempo nolo permita. Así que, se aínda tes pendente esa comida aquí fóra, non o deixes para máis adiante 😉

21/08/2026

Cando a sala se enche, aquí non se para.

Comandas, fogóns, pratos que saen, mesas que entran, cafés, brindes… e un equipo que fai que todo encaixe.

Hai moito traballo detrás de cada servizo, pero tamén moitas ganas de facelo ben.

Vendo a eclipse dende o noso xardín 🤎
12/08/2026

Vendo a eclipse dende o noso xardín 🤎

11/08/2026

☀️ Veráns na Moa

O verán en Santiago pásase mellor arredor dunha mesa… e se queres g***r da túa, mellor non deixala para última hora 😉

📲 Reserva con tempo e asegúrate de ter o teu sitio na nosa casa.

Porque hai plans que apetece facer. E hai mesas que apetece ter reservadas. 💚

31/07/2026

🧾 Todo comeza cunha comanda.

Un papel pequeno que pon en marcha unha coreografía perfectamente medida: a cociña acéndese, as mans móvense, os pratos cobran vida e o equipo sincronízase para que todo chegue á mesa no momento perfecto.

Detrás de cada prato hai moito máis do que se ve.

Hai organización, ritmo… e moito cariño 🤎

29/07/2026

No corazón de Santiago, detrás da pedra e do bulicio, escóndese un pequeno xardín onde o tempo vai máis amodo.

Un recuncho para comer ao aire libre, brindar e deixar que o verán faga o resto.

Algúns chámanlle terraza. Nós preferimos chamarlle o noso segredo mellor gardado ✌🏻

25/07/2026

🩵 Hoxe celebramos Galiza 🩵

A nosa terra, a nosa lingua, os nosos produtores, as receitas que pasan de xeración en xeración e os sabores que nos representan.

Poucas sobremesas contan tanto de nós como a torta de Santiago: sinxela, auténtica e capaz de pechar calquera mesa cun sorriso.

Feliz Día de Galiza!

22/07/2026

Os nosos mexillóns da ría están no seu mellor momento e acompañámolos cun escabeche de curri vermello que achega intensidade, frescura e un punto especiado sen roubarlle protagonismo ao produto.

Tradición e creatividade compartindo o mesmo prato

Xa os probaches?

21/07/2026

🎉 Santiago xa arrecende a Apóstolo 🎉

As rúas énchense de música, de encontros e de ganas de celebrar. E entre paseo e paseo, sempre hai un bo momento para sentarse á mesa.

🌿 Xa sexa no noso xardín, gozando do verán ao aire libre, ou no comedor, nun ambiente tranquilo e acolledor, en A Moa agárdache un sitio para vivir estas festas con calma… e moi boa comida.

Reserva a túa mesa e celebra o Apóstolo connosco.

Boas festas! 💚

Cando unha receita funciona, o mellor que se pode facer é seguir mimándoa.Os nosos chipiróns con mollo vermello e o raxo...
16/07/2026

Cando unha receita funciona, o mellor que se pode facer é seguir mimándoa.

Os nosos chipiróns con mollo vermello e o raxo coa nosa salsa especial e escuma de puré de pataca frita son deses pratos que sempre apetece volver pedir.
Tradición, personalidade e ese toque da casa que os fai inconfundibles.

Dirección

Rúa De San Pedro, 32
Santiago De Compostela
15703

Horario de Apertura

Martes 13:00 - 00:00
Miércoles 13:00 - 00:00
Jueves 13:00 - 00:00
Viernes 13:45 - 15:45
20:00 - 23:00
Sábado 13:45 - 15:45
20:00 - 00:00
Domingo 13:00 - 16:00

Teléfono

+34981071818

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A MOA publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a A MOA:

Atajos

Compartir