10/03/2018
Tras poñer fin á semana de explotación queremos mostrar o noso agradecemento ó CSHG Centro Superior de Hostelería de Galicia e ós nosos compañeiros de Vitellus, que se implicaron no noso proxecto para poder sacalo adiante, a Galeo por prestarnos os seus produtos, e tamén á Fundación Lonxanet para la Pesca Sostenible quen colaborou e confiou plenamente neste proxecto e axudou a levar un pouquiño do noso mar ó prato, cunhos productos de óptima calidade, cos que quixemos representar os valores da pesca sostible. Mais sobretodo, queremos agradecer a todos os que vos enredastes e probastes as nosas elaboracións, axudándonos a mellorar e a aprender ó longo desta semana; foi todo un pracer.
Agora, recollemos as redes para voltar ó porto.
Att,
a tripulación de A Redeira