La Bodeguilla De Santa Marta

Llamar Cómo llegar Página web

La Bodeguilla De Santa Marta Tan só concluídos os impulsos verbais, impoñerase un silencio sacramental, fino e tamén cordial.
(266)

La Bodeguilla de Santa Marta, adega íntima e bulliciosa coma unha casa grande, conforma un territorio de palabras compartidas e unha cátedra sabia onde flúe o pensamento feito verbo que, por veces, escóndese en disfraces surrealistas. A miúdo as horas nesta taberna son de alto debate, virando ao redor dunha copa de viño e sobre un tema calquera que non importa, salvo polo puro pracer da dialéctica e por demostrar que un aínda está vivo e que a axilidade intelectual de calquera conserva os mecanismos engrasados. Para ese instante está reservado o sabor do último grolo da copa tan felizmente compartida. O que converte a La Bodeguilla de Santa Marta nun establecemento de lenda son algúns lóstregos que conforman unha sorte de epifanía: o bulicio da clientela, o rosario alegre que navega en cada copa de viño, o cruzamento amable de miradas, cheiros e sabores, a reflexión barroca elaborada de palabras lúcidas… E así, co tempo, cada cliente acaba por construír unha memoria fascinada a La Bodeguilla de Santa Marta, poboada de homes e mulleres que alí compartiron vida e palabras e que son xa tan indelebles como algúns instantes supremos da propia experiencia do vivir. Este universo non resulta menos exquisito que morder unha presa de cereixas intentamente vermellas polos días luminosos e felices de xuño…

Pero Bodegas Valduero tamén soubo mirar cara ao futuro 🔭. Foi pioneira na recuperación e posta en valor da Albillo Mayor...
14/10/2026

Pero Bodegas Valduero tamén soubo mirar cara ao futuro 🔭. Foi pioneira na recuperación e posta en valor da Albillo Mayor, a variedade branca autóctona da Ribera del Duero, demostrando que esta uva pode dar lugar a brancos con personalidade e capacidade de garda 🥂.

A  aposta de Bodegas Valduero céntrase nos viños de alta gama, especialmente Reservas e Grandes Reservas, onde o tempo, ...
14/10/2026

A aposta de Bodegas Valduero céntrase nos viños de alta gama, especialmente Reservas e Grandes Reservas, onde o tempo, a crianza e a paciencia se converten nunha parte esencial do proceso 🛢️.

Copa a copa: 👇

🥂 Valduero Blanco de Albillo Mayor
Un branco elegante, traballado sobre lías, que nos permitirá descubrir todo o que pode ofrecer esta variedade 🌿.

🍇 Valduero Una Cepa
Quizais un dos viños que mellor representa a filosofía da adega: cada cepa produce unicamente a uva necesaria para elaborar unha soa botella 🌱.

🍷 Valduero 2 Cotas Reserva
Un tinto potente e carnoso, cunha longa crianza en barricas de diferentes orixes e un posterior afinamento en botella 💪.

🍾 Valduero 6 Años
Seis anos de espera antes de chegar á nosa copa: tres anos en barrica e outros tres de repouso en botella ⏳. Porque hai viños que precisan tempo para converterse no que están destinados a ser ✨.

  Dende a cociña:*Mexillóns da ría en prebe verde *Contramuslo de Polo de curral en prebe *Canelón de cordeiro leital co...
14/10/2026

Dende a cociña:
*Mexillóns da ría en prebe verde *Contramuslo de Polo de curral en prebe *Canelón de cordeiro leital con prebe de cogomelos
*Hamburguesa de croca de vaca con prebe de mostaza e cacahuete
*Cañitas do carballiño recheas de crema de trufa con prebe de froitos vermellos

☺️🤤 Bodegas Valduero

  Esta vez viaxamos ata a Ribera del Duero 🍇 para descubrir unha adega familiar cunha filosofía moi especial: Bodegas Va...
14/10/2026



Esta vez viaxamos ata a Ribera del Duero 🍇 para descubrir unha adega familiar cunha filosofía moi especial: Bodegas Valduero.

Fundada en 1984 por Gregorio García Álvarez xunto coas súas fillas Yolanda, enóloga, e Carolina, directora comercial 👨‍👧‍👧, Valduero construíu a súa identidade arredor dunha idea que hoxe resulta case revolucionaria: facer menos, facelo con calma e facelo ben 🕰️

Bodegas Valduero

  E para guiarnos nesta viaxe contamos con Sergio Sánchez, director comercial de Bodegas Valduero 🎙️, que compartirá con...
14/10/2026



E para guiarnos nesta viaxe contamos con Sergio Sánchez, director comercial de Bodegas Valduero 🎙️, que compartirá con nós a historia, o coñecemento e a paixón que hai detrás de cada botella 🍾.

Están tamén con nós Carlos Manuel e Diego, comerciais de Primavinia.

E, por suposto, Diego García e todo o equipo de cociña de Bodeguilla de Santa Marta 👨‍🍳 prepararon unha cea especialmente pensada para acompañar cada un destes viños e completar a experiencia 🤤.

Bodegas Valduero

  Temos preparada unha desas experiencias que merecen gozarse sen présa. 🍷✨ Tertulias Bodeguillas · Cata didáctica & Cea...
14/10/2026

Temos preparada unha desas experiencias que merecen gozarse sen présa. 🍷✨ Tertulias Bodeguillas · Cata didáctica & Cea con Bodegas Valduero 👏

Compartímolo?
11/10/2026

Compartímolo?

Darlle cor ao día é, case case, unha obriga 😉
05/10/2026

Darlle cor ao día é, case case, unha obriga 😉

  O mes de outubro chega a Compostela coas zapatillas e dorsais como protagonistas absolutas da cidade. Se es afeccionad...
01/10/2026

O mes de outubro chega a Compostela coas zapatillas e dorsais como protagonistas absolutas da cidade. Se es afeccionado ao running ou simplemente che gusta o ambiente deportivo e ver pasar as carreiras cunha boa comida esperándote despois, apunta estas dúas citas no teu calendario.

Lea la entrada Outubro en Compostela: un mes para correr nos barrios e recuperar forzas na mesa publicada en nuestro blog el 24/09/2026 dentro de la categoría Las Bodeguillas. O mes de outubro chega a Compostela coas zapatillas e dorsais como protagonistas absolutas da cidade. Se es afeccionado ao ...

Desde a Asociación Española Contra o Cancro en Santiago de Compostela convidan a unha cita moi especial:📅 *23 de outubro...
30/09/2026

Desde a Asociación Española Contra o Cancro en Santiago de Compostela convidan a unha cita moi especial:

📅 *23 de outubro | 21:00 h*
📍 *Museo Centro Gaiás, Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela)*

Un encontro gastronómico arredor dos mellores produtos galegos para compartir e sumar esforzos fronte ao cancro.

✨ Coa túa entrada contribúes a que poidan seguir acompañando a pacientes e familiares, mantendo servizos gratuítos e impulsando a investigación.

🎟️ Adquire a túa entrada aquí:https://forms.gle/kw59v2dMijJ4re1U7

Asociación Española Contra o Cancro en Santiago de Compostela
contraelcancer.es

Dirección

Avenida Liberdade, 11
Santiago De Compostela
15706

Horario de apertura

Lunes 09:30 - 23:30
Miércoles 09:30 - 23:30
Jueves 09:30 - 23:30
Viernes 09:30 - 23:30
Sábado 10:30 - 23:30
Domingo 10:30 - 23:30

Teléfono

+34981813520

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando La Bodeguilla De Santa Marta publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir