Bar Rodeiro

Bar Rodeiro Menú de comida caseira

*34 anos de vida no corazón de San Pedro: Grazas por todo*​Hoxe escribimos estas liñas coa emoción á flor de pel e a mal...
28/02/2026

*34 anos de vida no corazón de San Pedro: Grazas por todo*
​Hoxe escribimos estas liñas coa emoción á flor de pel e a maleta chea de recordos. Despois de 34 anos tras o mostrador do Bar Rodeiro, chegou o momento de dicir "ata logo" e comezar a nosa xubilación.
​Botamos a vista atrás e decatámonos de que o Rodeiro foi moito máis que o noso sustento; foi o noso fogar. Nestas rúas e entre estas mesas criamos ás nosas fillas, que medraron ao compás do bulicio do barrio, entre cafés, conversas e o agarimo de todos vós. San Pedro non foi só o lugar onde traballamos, foi a familia que nos viu facernos maiores.
​Queremos darvos as grazas, de corazón, a cada un de vós: veciños, amigos e clientes que co paso do tempo deixastes de selo para ser parte da nosa vida. Grazas por elixirnos para os vosos momentos de descanso, polas confidencias e por facernos sentir que pertencíamos a algo tan especial como é este barrio.
​Unha mención moi especial e chea de afecto para os compañeiros do O Dezaseis, e en particular para Suso. Máis que veciños de negocio, fostes os nosos irmáns de profesión e de vida. Grazas, Suso, por estar sempre aí, por eses lazos de amizade verdadeira que fan de San Pedro un lugar único no mundo.
​Non queremos marchar sen dar un grazas infinito a Lourdes e á súa familia. Grazas por ser amigos antes que propietarios, por facer que todo fose sempre tan fácil e por estar ao noso lado durante estas tres décadas. Sodes, sen dúbida, parte da nosa familia.
​Marchamos coa satisfacción de saber que o Rodeiro foi un pedaciño da vosa historia, igual que vós sodes xa, para sempre, a nosa. Levamos o voso sorriso e o voso afecto no peto para esta nova etapa.
​Grazas por facernos tan felices estes 34 anos. ¡Ata sempre, San Pedro!

Divina Varela y Julio Vázquez se jubilan y hoy bajarán la reja definitivamente en la que fue su segunda casa durante 34 años

08/09/2023

Estimados clientes: tras meditalo moito comunicámoslles que deixaremos de ofrecer o noso cocido especial. Gracias a todos os que ano tras ano viñestes a degustalo. Poderedes seguir desfrutando do noso cocido de menú do día todos os martes e sábados. MOITAS GRACIAS A TODOS!!!

Queremos dar as gracias a todos os nosos clientes por acordarse de nós neste fin de semana de entroido un ano máis ainda...
14/02/2021

Queremos dar as gracias a todos os nosos clientes por acordarse de nós neste fin de semana de entroido un ano máis ainda que desta volta os cocidos fosen pra degustar nas vosas casas. Gracias gracias e gracias

30/01/2021

Mañan domingo teremos menú para levar. Cocido e outros platos. Podedes chamar para informarvos.
Graciñas

O noso "Cocido especial" é moi diferente ó cocido do menú do día:*Leva ata 9 tipos de carne*É de grelos*Leva filloas*Pód...
24/01/2021

O noso "Cocido especial" é moi diferente ó cocido do menú do día:

*Leva ata 9 tipos de carne
*É de grelos
*Leva filloas
*Pódelo levar no cacharro de barro se nolo traes de volta ou senón na túa propia pota (os tápers para este cocido fánsenos pequenos, ainda que se o queres levar en táper non hai problema)
*Só o facemos por encarga (2 días antes). Pola contra o cocido do menú do día témolo todos os martes e sábados.

Nestas fotos tendes un cocido para dúas persoas listo para recoller.

Se queres máis información chámanos (981575743)!!!

Que aproveite!!!!

Hoxe saímos no xornal!!!! Queremos dar as grazas a todos os que seguides confiando en nós!!!Agardamos que os nosos desex...
17/01/2021

Hoxe saímos no xornal!!!! Queremos dar as grazas a todos os que seguides confiando en nós!!!
Agardamos que os nosos desexos para 2021 se cumpran... mentres... o cocido en táper!!! Grazas e Patricia Calveiro.

En el Rodeiro, que hasta el invierno pasado recibía a grupos cuantiosos, sigue haciendo grandes banquetes para disfrutar en petit comité

09/01/2021

Mañan domingo día 10 estaremos abertos, ven a recoller o teu tupper!!!

08/01/2021

Por mor das medidas sanitarias adoptadas polas autoridades volvemos a ofertar só menú para levar. Mañan temos cocido coma todos os sábados. Anímate a vir polo teu, con este frío presta! Esperámosvos!!

01/01/2021

Querido 2021...

Despois destes meses complicados temos a esperanza de que...
..sexas o ano no que poidamos volver tomar unhas cuncas con amigos e sen medo,
..que sexas o ano no que os nosos sábados e domingos de inverno volvan a ser ruidosos, de cristais empañados e con olor a cocido...
..que sexas o ano no que volte a vida á nosa rúa...
..que sexas o ano no que poidamos decir CONSEGUÍMOLO!

2021... temos esperanza, forza e ganas... por eso que... PORTATE BEN!!!!

Feliz ano a todos os nosos amigos e clientes! E por suposto... MOITAS GRAZAS por seguir confiando en nós!!!!

💪💪💪

Send a message to learn more

19/12/2020

Mañá temos Cocido Galego para levar (de grelos, con varias carnes e filloas). 15 euros. Anímate cun bo cocidiño de domingo. Esperámoste 😋

Dirección

Rúa De San Pedro
Santiago De Compostela
15703

Horario de Apertura

Lunes 10:00 - 16:00
Martes 10:00 - 16:00
Miércoles 10:00 - 16:00
Jueves 10:00 - 16:00
Viernes 10:00 - 16:00

Teléfono

+34981575743

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Bar Rodeiro publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir