Eicho de dar Queridiña

Eicho de dar Queridiña Taberna típica, templo da gaita e a música tradicional galegas.

A Ínsua, como o seu propio nome indica, alude, segundo os nosos antergos, a un territorio rodeado de auga por tódalas partes (isla) e, neste enclave interior da provincia de Pontevedra, fai referencia ao feito de que, para chegar alí has de cruzar algún río, Oitavén ou Verdugo,que na súa desembocadura, alimentan a Ría de Vigo. "Eicho de dar queridiña", nome dunha peza tradicional galega, é unha ta

berna- tapería situada nun lugar, inesperado polo seu encanto que, a moitos custa descobrer, perdida nun barrio da parroquia (Outeiro da Costa) dende a que podes emprender diferentes rutas e saborear as delicias da natureza, admirando diferentes vestixios do noso patrimonio cultural (horreos, muíños, batáns, cruceiros, petos de ánimas...) A taberna ocupa as plantas baixas de dúas casas pegadas, unha de estilo colonial portugués de finais de século XIX e outra de casa labrega do XVIII, con curral, patios e terrazas. Agora no inverno abrimos os venres e sábados a partir das 8 da tarde, e os domingos a partir da 1 da tarde. Poderás disfrutar dunha ampla variedade de tortillas ( "martiña", invento da casa), queixos, embutidos, revoltos..., ben regados por viños da zona e licores do país, nun ambiente natural no que non faltan actuacións expontáneas de intérpretes locais.

25/03/2011

Os días 25, 26 e 27 non abrimos. Vémonos na Reconquista de Vigo na Rúa Chao (Ferriñas)

Dirección

Pontevedra
36286

Teléfono

686613627

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Eicho de dar Queridiña publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir