02/08/2026
Barranco Oscuro é a adega que leva máis tempo na nosa carta e no noso corazón. Sabemos do esforzo, do traballo, do tesón que o seu fundador, Manuel Valenzuela, achegou. Unha vida dedicada a algo que case ninguén cría, nunha terra tan esquecida como especial. Unha paisaxe que tivemos o pracer de visitar e, dende aí, entender a quen a habita. Unha terra difícil e, por difícil, moi fermosa.
Hoxe a paisaxe está a piques de mudar por intereses alleos: dinnos que no «Cerro las Monjas» e na súa contorna van instalar torres de alta tensión que, de facelo, mudarán a paisaxe e o territorio. É unha terra que precisa de xente que pense nela, pero non deste xeito.
Entendemos a preocupación de Manuel e da súa familia, e apoiamos a defensa da súa terra!
👉 Le a nota de prensa completa na bio de Barranco Oscuro e, se cres que esta paisaxe merece conservarse, comparte.
Unha forte aperta! Ánimo! Forza!