10/08/2026
🧸🍽️ Na Casa do Chao tamén pensamos nos máis pequenos da casa!
Porque sabemos que desfrutar dunha comida en familia é aínda mellor cando eles tamén o pasan ben. 💛
Na nosa zona infantil teñen o seu propio espazo para entreterse, descubrir e deixar voar a imaxinación co noso baúl dos xoguetes, mentres os maiores desfrutades da comida con calma. 😊
Un pequeno recuncho pensado para que eles tamén desfruten da experiencia tanto coma vós. 🥰