20/06/2026
🚧 O Alcalde, José Tomé, anuncia unha nova actuación de mellora integral do Polígono Industrial do Reboredo.
O Concello de Monforte vén de licitar as obras de renovación do firme das rúas 1 e 2 do polígono, cun investimento de 150.000 euros e un prazo de execución dun mes.
A actuación permitirá mellorar preto de 7.500 m² de viario mediante o fresado do pavimento actual e a aplicación dunha nova capa de aglomerado en quente, ademais da adecuación de pozos, sumidoiros e sinalización viaria.
📅 As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 17 de xullo.
O rexedor destaca que esta obra súmase á ampliación prevista do polígono, á construción da nova depuradora e á mellora da rede de saneamento, dentro da estratexia municipal para impulsar o desenvolvemento industrial de Monforte.
💬 "Queremos poñer todo da nosa man para favorecer a implantación e o crecemento das empresas no noso municipio, e con isto facilitar o crecemento de Monforte en oportunidades económicas e, polo tanto, en poboación", conclúe.
👉 https://www.monfortedelemos.es/gl/novas/2026/alcalde-monforte-mellora-integral-poligono-reboredo-renovacion-firme-ruas-1-2