23/12/2021
Despedimos un ano cheo de cambios.
Neste tempo que levamos abertos por detrás do mostrador de Casa Guillermo pasamos tres xeracións, case catro.
Desde detrás da barra fixemos grandes amigos, criamos ós nosos nenos e despedimos ós nosos maiores.
Queremos compartir con vós algúns momentos na taberna, agora pésanos por non ter feito máis fotos! Cada recordo é un tesouro para nós.
Felices Festas e que teñamos un bon Ano Novo.
Grazas a todos. Foi un placer servirvos!