31/05/2026
🎼 UN DÍA PARA O RECORDO: GRAZAS A TODOS! 🎶
Onte vivimos unha xornada verdadeiramente máxica celebrando o Día das Letras Galegas.Queremos expresar o noso agradecemento máis sincero a todas as persoas e institucións que fixeron posible este evento, organizado con moito esforzo e cariño entre o noso Coro e a Xunta Directiva do Centro Galego:
✨ Á Xunta de Galicia, polo seu apoio incondicional á nosa cultura.
✨ A Charo Golmar, pola súa implicación, agarimo e gran traballo para que todo saíse perfecto.
✨ A todos os membros do Coro Cengallei e da Xunta Directiva, que traballaron man a man para facer este gran día realidade.
E, sobre todo, MIL GRAZAS a cada un de vós que asististes e nos acompañastes cos vosos aplausos e co voso afecto. Sentirvos tan preto énchenos o corazón de orgullo e anímanos a seguir falando, cantando e compartinas nosas raíces.