Etel&pan

Etel&pan Comida e bebida xeitosa do pais. Conservas galegas, hamburguesas de carne de razas autóctonas, de p

Por certo, en Fisterra estamos de festas, outra vez 🙋🏻🤪.E volveu o bocata máis querido pola rapazada de aquí: o Arnela, ...
05/09/2026

Por certo, en Fisterra estamos de festas, outra vez 🙋🏻🤪.

E volveu o bocata máis querido pola rapazada de aquí: o Arnela, o bocadillo de zorza con Arzúa, e tamén o Ézaro, o de polo.

Tamén temos unha sobremesa especial:
unha panacota con follas da figueira da praia de Sardiñeiro e marmelada de uvas da nosa parra.

E pronto, moita marmelada de figos para a vosa hamburguesa favorita: a Monte Louro.

Así foi agosto en Etel&pan. Pura MAXIA!Fixo calor, houbo moitísima xente, coma sempre en agosto, sobre todo na semana ce...
04/09/2026

Así foi agosto en Etel&pan. Pura MAXIA!

Fixo calor, houbo moitísima xente, coma sempre en agosto, sobre todo na semana central do eclipse 🌑.

Non vou dicir que pintase fácil: afrontabamos agosto cun equipo totalmente renovado e sen experiencia, peeeeero... foi estupendo 🤩.
Traballar en agosto e ademais ensinar 😮‍💨😅. Puuuuuf!

Necesitábamos algo máis que ir os Milagros ⭐

Somos valentes, e para adiante 💪🏻. Gryffindor ✨
Por momentos a escola de Harry Potter era Etel&pan 🔮🪄

Viñeron moitos amigos a visitarnos e a ver como suabamos e facíamos números de máxia multiplicando postres e panes 😅😂.

Foi un mes intenso, pero pasou rápido.

É coma subir o Monte Pindo: costa, faise duro e vas pensando polo camiño: «Non creo que chegue viva ao final. Esta é a última vez! Noutra non me pillan!». Pero cando chega o 31 estás satisfeito polo traballo feito e ata dis: «Pois ao final non foi para tanto» 😂.

E a experiencia faise!

Tamén, coma sempre en agosto, Etel e Palmira —nós— cumprimos anos.

Deu tempo ata de ir a por Figos, facer mermelada e Kombuchas 🙋🏻🤪

AGOSTO! ☀️

Volviu Gaetán, é canadiense. Estivo en Etel&pan en 2016, 2019, 2024, de feito xa saiu unhas cantas veces no noso Instagr...
16/08/2026

Volviu Gaetán, é canadiense. Estivo en Etel&pan en 2016, 2019, 2024, de feito xa saiu unhas cantas veces no noso Instagram. Faise querer! O recordamos como a persoa quen ten comido máis tarta de queixo nun día e o pouco que fala inglés!😅

Volveu entrar pola porta de Etel&pan.

Ola Gaetan, benvido, como estás? Abrazo❤️.
Encántanos ver medrar os nosos camiñantes, e ver cómo pasa a vida, a súa e a nosa! 🤪

camiñodesantiago stjames pilgrim pilgrimage

11/08/2026

Aínda que este vídeo non é destes días, hai xente e momentos que viven e volven con nós ano tras ano e cada vez que sona o My Way na nosa playlist.

Hoxe temos recordo para eles e agarimos para a toda a nosa clientela de Colombia 🇨🇴❤️😘

Estou segura de que con Rebeca coincidín noutra vida, polo menos!O que é seguro é que nos cruzamos moitas veces por Sant...
04/08/2026

Estou segura de que con Rebeca coincidín noutra vida, polo menos!
O que é seguro é que nos cruzamos moitas veces por Santiago e que temos ducias de amizades e xente coñecida en común. Seguro que bailamos no Tarasca ou mesmo vimos a mesma película en Cineuropa.
Pero foi aquí, hai uns anos, na voráxine desta terraza, durante un concerto de blues, onde nos coñecemos.
Clientela riquiña que chega á miña vida... e acabamos sendo amiguis para sempre. ♥️

Rebeca Romero Rodriguez

Así foi Xullo en Etel&pan, unha montaña rusa! Emocións, traballo intenso, descanso, calor, moitas calores pasamos, máis ...
01/08/2026

Así foi Xullo en Etel&pan, unha montaña rusa!
Emocións, traballo intenso, descanso, calor, moitas calores pasamos, máis flores, o mundial, un palé enorme de cervexa Fisterrana, entrevistas, ceos fermosos, picnics, despedidas e novas caras en Etel&pan ♥️♥️♥️♥️🫂

Non imos mentir, vivimos un mes de xullo un pouco apocalíptico en moitos sentidos, pero aquí estamos, resistimos, lixeiros e fortes, moi animados para superar Agosto 🤪.

10/07/2026
10/07/2026
Estamos de volta no Etel&pan de Sardiñeiro! Por fin!Dende mañá venres 10 de Xullo 🙋🏻Este vai ser o noso horario:Luns, ma...
09/07/2026

Estamos de volta no Etel&pan de Sardiñeiro! Por fin!
Dende mañá venres 10 de Xullo 🙋🏻
Este vai ser o noso horario:

Luns, martes, venres, sábados & domingo
De 10.30 a 15.30
De 19.30 a 22.39
Mércores e Xoves pechado

El é Jorge. ❤️Chegou a Etel&pan en outubro de 2025, ao remate da tempada pasada, e desde entón forma parte desta pequena...
08/07/2026

El é Jorge. ❤️

Chegou a Etel&pan en outubro de 2025, ao remate da tempada pasada, e desde entón forma parte desta pequena gran familia.

Estudou cociña por vocación. Foi durante o confinamento de 2020 cando descubriu que ese era o seu camiño, e decidiu apostar polo que realmente lle facía ilusión.

Para min ten un significado moi especial. É o meu sobriño e, con el, xa son cinco as xeracións de hostaleiros da familia Lestón de Sardiñeiro. Ver como esa paixón polo oficio continúa é un orgullo difícil de explicar.

A súa primeira oportunidade chegou da man de Brais, en , que confiou nel cando estaba dando os seus primeiros pasos. Iso nunca se esquece. ❤️

Cando abrimos Etel&pan, alá polo 2015, Jorge acababa de cumprir 12 anos. A foto é dese día, saboreando a súa primeira hamburguesa no Etel&pan. Quen nos ía dicir que, uns anos despois, estaría ao outro lado da barra, compartindo cociña con nós.

Hoxe traballa comigo e con Etel na nosa pequena cociña de apenas 2 × 1 metros. Un espazo pequeno, pero cheo de ilusión, aprendizaxe, esforzo e moitas ganas de facer as cousas ben.

É moi novo e ten toda unha vida por diante, moitas experiencias que vivir e moitos soños que cumprir. Non sabemos canto tempo compartiremos este camiño, pero mentres estea con nós desfrutaremos de cada día. Sentímonos moi afortunados de poder velo medrar como profesional e, sobre todo, como persoa.

Grazas, Jorge, por formar parte desta aventura. Estamos moi orgullosos de ti. 🤍

Dirección

Praza Constitución 10
Finisterre
15155

Horario de Apertura

Lunes 00:00 - 16:00
19:00 - 23:00
Martes 00:00 - 16:00
19:00 - 23:00
Viernes 00:00 - 16:00
19:00 - 23:00
Sábado 00:00 - 16:00
19:00 - 23:00
Domingo 00:00 - 16:00
19:00 - 23:00

Teléfono

+34606216152

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Etel&pan publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Etel&pan:

Atajos

Compartir

Categoría