28/09/2026
💪🐮En “Nó Rural” iniciamos o traballo a pé de campo para coñecer as posibilidades reais da remuda xeracional no campo galego. Comezamos así a rolda de visitas ás explotacións agrogandeiras que decidiron cubrir a enquisa sobre un posible relevo e tamén a aquelas outras que poderían dar o paso nun horizonte máis lonxano, pero que actúan coa previsión suficiente para, chegado o momento, poder facelo con planificación e todos os apoios necesarios. 📋📍A semana pasada arrincamos na comarca do Ortegal, e inauguramos estas reunións con Rosa e Fran, da Gandeiría Vilarmor SC., en Ortigueira. O matrimonio tomaba o relevo dos pais de Fran. El leva máis de 30 anos traballando naquilo para o que se formou e máis lle gusta. Ela, máis de 2 décadas. Un tempo no que constatan cambios radicais que os levan a dicir que hoxe en día a explotación non require do sacrificio doutrora. 🤝Chegado o caso, gustaríalles dar o relevo para evitar que desapareza todo ese traballo que hoxe fan. Non o teñen garantido cos fillos, que optaron por outras saídas laborais. E só barallan o aluguer como opción, xa que a vivenda familiar se sitúa no perímetro da granxa, con 125 cabezas de gando e 65 de ordeño. A fórmula non é allea para eles, xa que dende hai unha década tamén teñen alugado a veciños terreos para o pasto do seu gando.
🤳E ti, se te dedicas ás actividades agrogandeiras e tes 5 minutos, tamén podes cubrir a nosa enquisa na nosa web. Aí vos compartimos o link: https://norural.gal/enquisas/
-
-
Asociación GDR Seitura22 GDR Terra Chá Limia Arnoia GDR 10 Galicia Suroeste Asociación Montes e Vales Orientais- GDR3