16/09/2025
PROGRAMA COMPLETO DA LXII FESTA DO MARISCO 2025
[Todogrove, 15/09/2025]
Todogrove tivo acceso ao programa da LXII Festa do Marisco, que este ano se desenvolverá do 2 ao 12 de outubro, con actividades previas xa dende o 18 de setembro. A cita gastronómica, cultural e musical máis chega cargada de novidades e con máis de dúas semanas de programación continua.
EVENTOS PREVIOS
• 18 de setembro: presentación oficial en Vitoria-Gasteiz.
• 27 de setembro: I Trofeo de Paddle Surf (praia de Peralto).
• 28 de setembro: carreira Festa do Marisco (paseo de Beiramar).
INAUGURACIÓN
• Xoves 2 de outubro:
• 10:00 h: inauguración do XXVII ForoAcui.
• 19:00 h: apertura oficial da Festa do Marisco.
• 22:00 h: concerto de Fla Meco.
PROGRAMACIÓN DESTACADA
• Venres 3: apertura de stands e feira Grovestock (11:30 h), xogos tradicionais infantís (17:00 h).
• Sábado 4: regata de dornas á vela (12:00 h); concertos de Alberto & García, León Benavente e DJ Nanein (23:00 h).
• Domingo 5: encontro de scooters clásicas (09:30 h); regata a remo (13:00 h); concertos de Cinco en Zocas e De Ninghures (22:00 h).
• Luns 6: conferencia “Cultivando o mar” (20:00 h); concertos de Jota&Purpy DjSet, El Bugg e Las Ninyas del Corro (23:00 h).
• Martes 7: concerto de Caballito (22:00 h).
• Mércores 8: entrega do Premio Nacional Lola Torres de Gastronomía (12:00 h); concerto de A Banda do Sequío (22:00 h).
• Xoves 9: xornadas gastronómicas “A cociña do mar” (18:00 h); concerto de Freshkiños (22:00 h).
• Venres 10: gala “Centolas de Ouro 2025” (20:00 h); concertos de Siloé, Os Carismáticos e DJ Permanente (23:00 h).
FIN DE SEMANA GRANDE
• Sábado 11: actividades infantís, concurso de pratos de mexillón “Amegrove” (18:30 h); concertos de La La Love You, Leria e DJ Manu Tf (23:00 h); Noite Meiga e gran queimada (23:30 h).
• Domingo 12: concerto da Coral Polifónica da Confraría de Pescadores San Martiño (19:30 h).
PECHANDO A FESTA
• 17, 18 e 19 de outubro: festival musical “Nos seus pés” na carpa de concertos.
• Domingo 19: XIII Encontro de Palilleiras no Monte da Vila (10:30 h).
HORARIOS DOS STANDS DE MARISCO
• De luns a xoves: 12:00–16:30 e 19:30–22:30 h.
• De venres a domingo: 11:30–17:00 e 19:30–23:00 h.
(Os postos pechan media hora despois das caixas).
A Festa do Marisco 2025 busca un ano máis combinar gastronomía, música, deporte e cultura, convertendo O Grove no epicentro turístico e festivo de Galicia durante o mes de outubro.