04/09/2026
O sábado pasado, Rocío e Adrián déronnos un motivo máis para celebrar en Casa con Encanto. ✨🤍
O día comezou cunha mirada ao ceo… 🌧️ A choiva ameazaba con aparecer, así que puxémonos mans á obra e preparamos unha enorme carpa para que os seus convidados puidesen desfrutar da celebración sen preocuparse polo tempo.
E finalmente, nin a choiva puido coa festa! 🥂🎉
Foi un día cheo de risas, emocións, abrazos e moita festa, deses que pasan voando porque se desfrutan desde o primeiro momento ata o último baile.
Rocío e Adrián, grazas por confiar en Casa con Encanto para celebrar un dos días máis importantes das vosas vidas. 💚 Foi un verdadeiro pracer acompañarvos e poñer o noso gran de area para que todo saíse perfecto.
Que a vida vos regale tantos momentos de felicidade como os que compartistes este sábado.
Desexámosvos toda a felicidade do mundo nesta nova etapa xuntos! 🥂🤍