06/05/2023
O Proxecto "A Br**ca" foi unha continuación da iniciativa da nosa Gran Predecesora "Vane" que co seu permiso animounos a seguir co mesmo Nome que tanto nos gusta, e sobre todo con ese modelo de cociña dende o corazón, productos de cercanía e de calidade elaborados coa mellor intención!! Traballamos con Pequenos Productores de Grandes Principios 🍅🥦🧀
Gracias e Máis Gracias a todas polo inmellorable trato recibido e gran calidade de productos que poidemos ofrecer gracias a Vos!!! froito dun gran esforzo abríndovos paso nun mercado que non favorece para nada ó pequeno productor que intenta facer as cousas o mellor posible,, Non saben o que se perden 🫢
🙏 A Silvestre e Familia!! Que maravilla de patacas, tomates, leitugas, pementos, grelos..... Que barbaridade, así cociña calquera...
Ribeiregas impresionantes Zumes, Patés, salsas.....todo elaborado de maneira artesanal con productos do máis natural en Ernes 😋😋
A Rut Rutix por elaborarnos a mellor comida vegana, croquetas, hamburguesas, tacos..... postres alucinantes aptos para celíacos, Comida saudable dunha calidade brutal e con un sabor único 🫠
AléAlé que decir de esta maravilla de cervexa, fora de serie, sen dúbida do mellorciño neste sector, pero o mellor de todo con diferencia e a xente que hai detrás de tan xenial iniciativa, Marta, Brais.... sempre axudando e colaborando máis aló dos intereses económicos 😊 enormes!!
Agustina e os seus panes de masa madre que non poden ser máis deliciosos, Unha locura de matices e de sabores que están o máis altísimo nivel, pans de hamburguesas, empanadillas.... Alucinante!!!
Interminable a lista de productos e de colaboradores ós que lle debemos o recoñecemento do traballo Ben Feito!!
Ata Pronto Familia!!! 🥂