Parque Náutico de Castrelo

Parque Náutico de Castrelo O lugar ideal para xantar, celebrar un evento ou g***r da paisaxe e viños do Ribeiro. Terraza con música en directo no verán. Abertos. Comidas: 13.00 a 15.30.

Cafetaría, terraza e restaurante. Prégase reservar. Ceas: 19.30 a 22.30 os venres, sábados e domingos. Resto de días para ou grupos consultar dispoñibilidade. http://www.nauticocastrelo.com/cea/

Arranxado!!Xa hai auga corrente, como nos sitios do primeiro mundo. Ata a seguinte avaría. Cando será?Que nervos!!Mañá h...
05/10/2026

Arranxado!!

Xa hai auga corrente, como nos sitios do primeiro mundo. Ata a seguinte avaría. Cando será?

Que nervos!!

Mañá haberá que repoñer as garrafas de auga gastadas, claro. Será por cartos!!!

O Concello de Castrelo de Miño deunos un premio!!!

Hoxe cortan a auga e non sabemos por canto tempo. Pero desta avisaron, non como as anteriores tropecentas avarías.

Así que pechamos a cociña porque non podemos garantir as necesarias condicións de limpeza. Mantemos a cafetaría mentres nos duren as nosas garrafas de auga mineral (para a cafeteira e para o lava-vasos).

Non se preocupar: unha ensalada ou uns bocatas sempre se poden facer, somos conscientes de que non hai outro restaurante en Castrelo.

E haberá que solicitar a consabida indemnización polas perdas ao alcalde-presidente.

Ah!, xa hai 6 anos que o concello gastou varias decenas de milleiros de euros nun proxecto para unha nova traída que arranxaría de vez todos estes problemas. Os grandes xestores.

"HAN CANTADO PREMIO"Unha vez máis, e van 5 neste ano, quedamos sen auga corrente.Vémonos na obriga de pechar a cociña o ...
05/10/2026

"HAN CANTADO PREMIO"

Unha vez máis, e van 5 neste ano, quedamos sen auga corrente.

Vémonos na obriga de pechar a cociña o día de hoxe luns 5 de outubro. Para unha apurada facemos bocatas e algunha ensalada.

Na cafetaría trataremos de manter a normalidade mentres nos duren as nosas garrafas de auga mineral.

Grazas por nós lembrar as vantaxes de vivir e traballar no rural. Por certo, aquel estudo de hai anos para unha nova traída que costará decenas de milleiros de euros?😘

O Concello de Castrelo de Miño deunos un premio!!!Hoxe cortan a auga e non sabemos por canto tempo. Pero desta avisaron,...
05/10/2026

O Concello de Castrelo de Miño deunos un premio!!!

Hoxe cortan a auga e non sabemos por canto tempo. Pero desta avisaron, non como as anteriores tropecentas avarías.

Así que pechamos a cociña porque non podemos garantir as necesarias condicións de limpeza. Mantemos a cafetaría mentres nos duren as nosas garrafas de auga mineral (para a cafeteira e para o lava-vasos).

Non se preocupar: unha ensalada ou uns bocatas sempre se poden facer, somos conscientes de que non hai outro restaurante en Castrelo.

E haberá que solicitar a consabida indemnización polas perdas ao alcalde-presidente.

Ah!, xa hai 6 anos que o concello gastou varias decenas de milleiros de euros nun proxecto para unha nova traída que arranxaría de vez todos estes problemas. Os grandes xestores.

Cacabelos
18/09/2026

Cacabelos

Nunhas horiñas, coa fresca e para celebrar o equinoccio de outono, o remate da tempada ou o que vós queirades: ÚLTIMO DIRECTO dos .

E xa non haberá máis. Ata quen sabe, o ano que vén, ou nunca, ou...

Aínda non reservaches a túa mesa para cear? Chama xa ao 988 493 245.

Nunhas horiñas, coa fresca e para celebrar o equinoccio de outono, o remate da tempada ou o que vós queirades: ÚLTIMO DI...
18/09/2026

Nunhas horiñas, coa fresca e para celebrar o equinoccio de outono, o remate da tempada ou o que vós queirades: ÚLTIMO DIRECTO dos .

E xa non haberá máis. Ata quen sabe, o ano que vén, ou nunca, ou...

Aínda non reservaches a túa mesa para cear? Chama xa ao 988 493 245.

O concerto deste venres 18, ás 20:00 horas. Será o último?Deste ano, seguro.Do Náutico, xa veremos.Venres 18 ás 20:00 ho...
15/09/2026

O concerto deste venres 18, ás 20:00 horas. Será o último?

Deste ano, seguro.

Do Náutico, xa veremos.

Venres 18 ás 20:00 horas, na nosa terraza. Un día máis.

13/09/2026

Pois faremos un último concerto, antes de que caia o telón. Xa veremos se para sempre.
Venres 18 de setembro.
20:00 horas.
Cacabelos, en acústico.

Xa gozamos del o ano pasado e, gustamos tanto que queremos que repita.

Ollo coa hora, que xa se lle nota aos días (que anoitece antes). E pensade no de traer unha rebequiña, non sexa que vaia fresco. Quen sabe.

E, por último, se chamades para reservar xa sería xenial. No 988 493 245, coma sempre.

Onde ir hoxe no serán? A ver que se vos ocorre ☺️
04/09/2026

Onde ir hoxe no serán? A ver que se vos ocorre ☺️

Quedastes con gañas de música?

Pois para celebrar o remate da vendima, este venres teremos unha actuación sorpresa e especial. Gozaremos do jazz británico de AO.

Ollo ao horario: 20:30 horas. Que xa se lle nota aos días ;-)

Traede a rebequiña, que aínda que dan calor polo día as noites van seguir frescas.

Quedastes con gañas de música? Pois para celebrar o remate da vendima, este venres teremos unha actuación sorpresa e esp...
31/08/2026

Quedastes con gañas de música?

Pois para celebrar o remate da vendima, este venres teremos unha actuación sorpresa e especial. Gozaremos do jazz británico de AO.

Ollo ao horario: 20:30 horas. Que xa se lle nota aos días ;-)

Traede a rebequiña, que aínda que dan calor polo día as noites van seguir frescas.

27/08/2026

Pois si, hoxe tocaría concerto na nosa terraza para seguir cos Solpores no Náutico.

Pois non, hoxe non vai haber concerto na nosa terraza polas condicións meteorolóxicas.

Ao mellor retomamos en setembro 😉

Dirección

Avenida Do Concello, S/n
Castrelo De Miño
32430

Horario de apertura

Lunes 09:00 - 23:00
Martes 09:00 - 23:00
Miércoles 09:00 - 23:00
Jueves 09:00 - 23:00
Viernes 09:00 - 23:00
Sábado 09:00 - 23:00
Domingo 09:00 - 23:00

Teléfono

988493245

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Parque Náutico de Castrelo publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría