Mar da Morosa

Llamar Cómo llegar Página web

Mar da Morosa Somos artesáns do peixe cun restaurante especializado en peixes, mariscos e carne a brasa. especialidade en pescados mariscos e carnes a brasa

Abrimos de martes a domingo para comidas de 13h30 a 15h30 e sábado para ceas de 20h30 a 22h30.

Pequeno descanso 💙Desde hoxe, 13 de outubro, pechamos as portas de Mar da Morosa durante unhas semanas.Toca parar, desca...
13/10/2026

Pequeno descanso 💙

Desde hoxe, 13 de outubro, pechamos as portas de Mar da Morosa durante unhas semanas.

Toca parar, descansar, recuperar forzas e volver con ideas frescas e moitas ganas de seguir facendo o que máis nos gusta.

Estaremos de volta o sábado 7 de novembro, preparados para recibirvos de novo e seguir compartindo mesa, produto e bos momentos.

E, sobre todo, grazas a todos os que facedes Mar da Morosa. Aos que nos visitades, aos que repetides, aos que nos recomendades e aos que nos acompañades día a día. Sen vós, todo isto non sería posible.

Vémonos á volta. 💙

Cecina e Galmesano 🥩Un entrante sinxelo, pero con moita personalidade: cecina acompañada de queixo Galmesano raiado e un...
08/10/2026

Cecina e Galmesano 🥩

Un entrante sinxelo, pero con moita personalidade: cecina acompañada de queixo Galmesano raiado e un chorro de aceite de oliva ecolóxico.

Unha combinación de sabores intensos e matices diferentes que funciona moi ben para comezar a comida e compartir na mesa.

Unha boa forma de abrir boca antes do que está por vir.

Agardámoste en Carnota, Costa da Morte 💙

Croquetas caseiras 🤤Feitas por nós, cremosas por dentro e cun exterior ben crocante. As nosas croquetas caseiras son unh...
06/10/2026

Croquetas caseiras 🤤

Feitas por nós, cremosas por dentro e cun exterior ben crocante. As nosas croquetas caseiras son unha opción perfecta para comezar a comida e compartir na mesa.

E hai algo que as fai aínda máis interesantes: sempre imos variando os sabores.

Así que, cando veñas, pregunta aos nosos camareiros de que as temos hoxe 😉

Agardámoste en Carnota, Costa da Morte 💙

Polbo con ameixas 🐙Dous produtos do mar que se atopan nun prato cheo de sabor: polbo e ameixas, preparados para que cada...
29/09/2026

Polbo con ameixas 🐙

Dous produtos do mar que se atopan nun prato cheo de sabor: polbo e ameixas, preparados para que cada un aporte o seu carácter e se complementen á perfección.

Unha combinación que fala de produto, cociña e do sabor da nosa costa.

Agardámoste en Carnota, Costa da Morte 💙

Flan caseiro de queixo 🍮Os nosos postres caseiros son ese último detalle necesario para redondear a experiencia culinari...
25/09/2026

Flan caseiro de queixo 🍮

Os nosos postres caseiros son ese último detalle necesario para redondear a experiencia culinaria en Mar da Morosa.

Hoxe propoñémosche o noso flan caseiro de queixo con nube de nata: cremoso, con moito sabor e unha textura que gusta moito desde o primeiro bocado.

Porque tamén nos gusta coidar o final da comida.

Agardámoste en Carnota, Costa da Morte 💙

Calamar da Ría de Corcubión 🦑Hoxe propoñémosche calamar da Ría de Corcubión asado sobre pataca, acompañado dunha emulsió...
15/09/2026

Calamar da Ría de Corcubión 🦑

Hoxe propoñémosche calamar da Ría de Corcubión asado sobre pataca, acompañado dunha emulsión de tomate, allo e perexil.

Unha elaboración sinxela na que o produto é o protagonista, combinando o sabor do calamar coa pataca e o toque fresco da emulsión.

Unha das nosas suxestións de hoxe.

Agardámoste en Carnota, Costa da Morte 💙

Ostras de Cambados 🦪Sobre xeo, frescas e listas para desfrutar. Un deses produtos que sempre atopan o seu sitio na mesa ...
11/09/2026

Ostras de Cambados 🦪

Sobre xeo, frescas e listas para desfrutar. Un deses produtos que sempre atopan o seu sitio na mesa e que gustan a boa parte da nosa clientela.

E para quen prefira probar algo diferente, tamén temos Ostra de Cambados asada con ponzu, unha elaboración que lle dá un toque diferente sen perder a esencia da ostra.

Dúas formas de desfrutar dun produto que fala por si só.

Agardámoste en Carnota, Costa da Morte 💙

Dirección

Mallou, 182
Carnota
15293

Horario de apertura

Martes 13:30 - 15:30
20:30 - 22:30
Miércoles 13:30 - 15:30
20:30 - 22:30
Jueves 13:30 - 15:30
20:30 - 22:30
Viernes 13:30 - 15:30
20:30 - 22:30
Sábado 13:30 - 15:30
20:30 - 22:30
Domingo 13:30 - 15:30
20:30 - 22:30

Teléfono

+34699291827

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Mar da Morosa publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir