20/06/2026
Máis val tarde ca nunca…Despois dunha semana frenética de traballo dende a recollida das chaves do Logradouro, mañá, Domingo 21, ás 13:00 horas, abrimos as portas novamente. Somos Sonia e Suso, vivimos en Sofán dende hai 9 anos cas nosas fillas Daniella e Valentina, de 13 e 4 anos e somos quen imos asumir o novo proxecto para a taberna do Casino 1889 . Somos moi dinámicos, encántanos o contacto coa xente e organizar cousas diferentes. Contamos cunha experiencia moi grande no mundo da hostelería, Suso, traballando 10 anos como cociñeiro e Sonia con máis de 25 no servizo de sala, ó mais alto nivel. Mañá, ademáis de votarlle unhas bailas co dúo D’ Luxe, poderedes probar uns petiscos de mostra da cociña que ofreceremos, unha cociña de proximidade, caseira. Trataremos de sorprenderemos con pratos de tempada, os pinchos e algunha sorpresa mensual con cousiñas de outros países que tamén dominamos, xa que, por exemplo, somos cociñeiros profesionales de sushi os dous. Haberá opcións para celíacos, para veganos… o que queira comer… non vai marchar sen comer. Por último, de agradecer a confianza ás socias do Casino. Queremos formar parte do voso colectivo, non só para rexentar O Logradouro, senón tamén colaborar e estar presentes en todo o que precisedes. Queremos sumar e temos moitísima enerxía e gañas de achegar cousas boas. Ata mañá!! Estamos desexando vervos.