O Adro Cangas

O Adro Cangas Sala de concertos e taberna cultural.

ESTE SÁBADO 26 DE SETEMBRO!💥 Volta a mítica jicha botarnos un cable co ataque turco a golpe de cadeiras, arados de ferro...
26/09/2026

ESTE SÁBADO 26 DE SETEMBRO!

💥 Volta a mítica jicha botarnos un cable co ataque turco a golpe de cadeiras, arados de ferro e carros con bois.

🔊 A partir das 23:00, rebentando subwoofers!

💥 MASCADA + CHARMING PUTOS NO ADRODous dúos e unha cantidade de ruído absolutamente desproporcionada.🔥 MASCADA é un powe...
26/09/2026

💥 MASCADA + CHARMING PUTOS NO ADRO

Dous dúos e unha cantidade de ruído absolutamente desproporcionada.

🔥 MASCADA é un power dúo de stoner-punk que se basta cun baixo e unha batería para facer máis barullo que un Barreiros subindo o Caurel. As súas letras, directas, viscerais e cun punto ácido, reaccionan ante as inxustizas e desigualdades da vida cotiá. A banda das Rías Baixas avanza xa cara ao seu primeiro disco, que verá a luz a finais de 2026.

⚡ CHARMING PUTOS veñen de Vigo e conseguen que baixo e batería soen como unha banda enteira a golpe de amplificación, octavadores e efectos. Punk, rock alternativo, stoner e noise rock nun directo rápido, físico e cargado de riffs, melodía e distorsión.

Dúas maneiras distintas de demostrar que para montar unha boa desfeita non fan falta seis persoas enriba dun escenario.

📅 Sábado 10 de outubro
🕙 22:00 h
🎟️ 9 € anticipada · 13 € taquilla
🎫 Entradas á venda no Adro, Carlete e Wells Libros.
📲 Reservas por WhatsApp no 722 45 60 13.

16/09/2026

Dende o Alvedosa River Delta, en New Redondela, surcando as augas de Cangas Bay, chegan JAY & THE SMOKING MACHINES to the Adro Church Square este xoves.🎸🦑 ROCK & ROLL!

📅 Xoves 17 de setembro
🕘 21:00 h
🎟️ Entrada inversa
📍 O Adro

JHON DOUGLAS EN CONCERTO NO ADRO! (CAMBIO DE DATA!!!)O MÉRCORES 23 DE SETEMBRO recibimos unha visita moi especial desde ...
16/09/2026

JHON DOUGLAS EN CONCERTO NO ADRO! (CAMBIO DE DATA!!!)

O MÉRCORES 23 DE SETEMBRO recibimos unha visita moi especial desde Brasil. Jhon Douglas, nacido en Rondônia, na Amazonía brasileira, é músico, compositor, artista visual e performer, e leva anos facéndose un nome na escena cultural de Lisboa, por onde pasou por algunhas das súas principais salas e festivais.

A súa música parte da Música Popular Brasileira pero foxe de etiquetas fáciles, mesturando canción popular, experimentación e toda a bagaxe musical brasileira. Letras cargadas de crítica social, humor e retranca, cun directo no que a personalidade e a presenza escénica teñen tanto peso como as cancións.

🌴 JHON DOUGLAS (BR)
📅 Mércores 23 de setembro
🕤 21:30 h
🎟️ 8 € anticipada / 10 € despacho
📍 O Adro

🎫 Entradas no Adro, Carlete, Wells Libros e no 722 45 60 13

🔥 ZËNZAR · SÁBADO 3 DE OUTUBRO NO ADRO 🔥Poucas bandas poden falar da historia do rock galego como o pode facer Zënzar. N...
16/09/2026

🔥 ZËNZAR · SÁBADO 3 DE OUTUBRO NO ADRO 🔥

Poucas bandas poden falar da historia do rock galego como o pode facer Zënzar. Nados en Meirama, Cerceda, a finais dos anos 80, levan máis de 35 anos bourando de maneira ininterrompida, facendo do rock en galego a súa bandeira e converténdose nunha das formacións imprescindibles para entender a historia das guitarras no noso país.

Coñecidos como «os padriños do rock galego», décadas de escenarios, discos e cancións ás costas avalan unha banda que segue facendo o que mellor sabe facer: rock contundente, letras en galego e directo.

⚡ Máis de 35 anos de historia do rock galego chegan ao Adro da man de Zënzar.

📅 Sábado 3 de outubro
🕚 23:00 h
🎟️ 8 € anticipada · 10 € billeteira
📍 Entradas no Adro, Carlete, Wells Libros e reservas por WhatsApp no 722 45 60 13.

⚔️ ATÁVICO PRESENTA «LEMBRANZA» NO ADRO!O VENRES 18 DE SETEMBRO recibimos a ATÁVICO, que chega ao Adro para presentar en...
11/09/2026

⚔️ ATÁVICO PRESENTA «LEMBRANZA» NO ADRO!

O VENRES 18 DE SETEMBRO recibimos a ATÁVICO, que chega ao Adro para presentar en directo «LEMBRANZA», o seu novo traballo.

Á fronte da banda está Triple M «APEX», unha voz ben coñecida dentro da escena extrema: vocalista de Titano, colaborador en diferentes proxectos e coach especializado en técnicas vocais extremas e canto gutural.

Para esta presentación estarán acompañados por NOTHISERA, banda convidada chegada desde Portugal, que tamén presentará o seu EP «Edicius III».

🔥 ATÁVICO + NOTHISERA (PT)
📅 Venres 18 de setembro
🕘 21:00 h
🎟️ 10 € anticipada / 15 € despacho
📍 O Adro
🎫 Entradas no Adro, Carlete, Wells Libros e Entradium

Metal extremo galego e portugués. Védesvos diante do escenario. 🤘

⚡ METAL NO ADRO ⚡O sábado 12 de setembro chega unha noite para quen gusta da distorsión e os riffs ben pesados.🔥 Infrahú...
07/09/2026

⚡ METAL NO ADRO ⚡

O sábado 12 de setembro chega unha noite para quen gusta da distorsión e os riffs ben pesados.

🔥 Infrahúmano + Goat Cult + Blasphemous en directo no Adro. Tres bandas da escena galega e portuguesa compartindo escenario nunha noite de metal sen concesións.

📅 Sábado 12 de setembro
🕘 21:00 h
🎟️ 12 € anticipada · 15 € billeteira
📍 Entradas á venda no Adro, Carlete, Wells e no 722 45 60 13

METAL | GZ+PT 🤘

🔥 THE KYLE LACY BAND · DOMINGO 13 DE SETEMBROKyle Lacy vén desde os EEUU, da man dos compis de Lestrato, cun directo que...
07/09/2026

🔥 THE KYLE LACY BAND · DOMINGO 13 DE SETEMBRO

Kyle Lacy vén desde os EEUU, da man dos compis de Lestrato, cun directo que bebe do rock’n’roll dos 50, o rockabilly, o blues, o soul e o gospel, cunha enerxía brutal sobre o escenario.

Nado en Atlanta e instalado en Nova York, pasou polo Viva Las Vegas Rockabilly Weekend, leva anos percorrendo escenarios dos Estados Unidos e actualmente é director musical e guitarrista de xira dos Harlem Gospel Travelers, banda nomeada aos Grammy.

Agora cruza o Atlántico coa súa banda e fai parada en Cangas.⚡

📅 Domingo 13 de setembro
🕘 21:00 h
🎟️ 15 € anticipada · 17 € billeteira
📍 Entradas no Adro, O Carlete , Wells e https://woutick.com/es/entradas/kyle-lace-band-en-o-adro-cangas-do-morrazo

Dirección

R/Real
Cangas
36940

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando O Adro Cangas publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a O Adro Cangas:

Atajos

Compartir

Categoría