07/11/2020
Hola a todos!👋
Primeiramente, perdoade a ausencia de estos días, todo ten a súa razón.
Quérovos comunicar, que debido a situación actual que estamos a pasar, e as últimas medidas impostas polo Goberno para combatir o Covid19, que nos obriga a Hostelería a permanecer pechados un mes, tuvemos pensando... e tomamos unha decisión.
O que un 25 de Xaneiro de 2020 abrimos como a gran ilusión da nosa vida, vémonos a día de hoxe, con a obriga de tomar unha decisión definitiva, os comezos non son fáciles, pero cando existen tantos impedimentos volvese moito máis difícil.
O recorrido do Témola Negra non acaba hoxe, algún día cando isto volva a normalidade, contaremos con volver a vernos🙏
Mentras tanto, e mellor quedarnos con todo o bon, e marchar pola porta grande sabendo que fixemos o traballo ben feito.😊
Moitas gracias a todos os que nos brindastedes unha oportunidade, aos que confiastedes, e valorastedes o traballo que con tanto cariño realizamos durante todos estos meses, día tras día.🙌🙏
Vámonos con un agradable sabor de boca e o mismo tempo con moita tristeza.
Ánimo e forza a todos os compañeiros do sector da Hostelería.💪
Ata a próxima!😊