As Pozas A Guarda

As Pozas A Guarda Disco Tasca As Pozas, un lugar diferente para desfrutar do día e da noite na Guarda.

⚽️I TORNEO DE FÚTBOL 7 AS POZAS⚽️Deixámosvos por aquí algunhas fotos do torneo do pasado sábado no Estadio Municipal da ...
16/06/2026

⚽️I TORNEO DE FÚTBOL 7 AS POZAS⚽️

Deixámosvos por aquí algunhas fotos do torneo do pasado sábado no Estadio Municipal da Sangriña.

Dende a organización estamos moi contentos co resultado desta primeira edición. Cremos que, a pesar da calor, foi unha gran xornada na que reinou o bo ambiente e na que todos puidemos desfrutar dun gran día de risas e fútbol🍻

Queremos agradecer a todos os xogadores e xogadoras que se animaron a participar, así como a todas as persoas que se achegaron para g***r do espectáculo e apoiar aos equipos🙌🏿

Tamén queremos dar os parabéns a Cerrajería Vintanox, Crujicoques e Aúllame F.C, que acadaron o primeiro, segundo e terceiro posto, respectivamente.
Agardamos que desfrutedes dos vosos premios! 🏆

Do mesmo xeito, agradecemos ao Concello da Guarda a cesión do estadio para a celebración do torneo.

Xa estamos traballando na próxima edición! 👀

Vémonos nos vindeiros eventos do verán! 🤘🏿🔥

HOXE! ⚽️
13/06/2026

HOXE! ⚽️

⚽🔥 TORNEO FÚTBOL 7 AS POZAS – SÁBADO 13 DE XUÑO🔥⚽

Xa está aquí a primeira edición do Torneo de Fútbol 7 As Pozas! O sábado 13 de xuño vémonos no campo da Sangriña para un día cheo de fútbol, risas e moi bo ambiente 🙌🏿

👥 Máximo 10 equipos
👤 Ata 12 xogadores por equipo

💰 Inscrición: 10€ por persoa
👉🏿 Inclúe xantar, froita e auga

🏆 PREMIOS:
🥇 Bono 150€ en As Pozas
🥈 Bono 100€ en As Pozas
🥉 Bono 50€ en As Pozas

📆 Data límite de inscrición: venres 29 de maio

🎲 Sorteo: venres 12 de xuño en As Pozas ás 21:30h

Haberá música, comida e bebida a prezos populares!🍻

📲 Máis info e inscricións por MD

⚠️ PRAZAS LIMITADAS – non o deixes para o final!

🔥 SÁBADO 4 DE XULLO - KELTOI! E BOOGIES 🔥Xa vos podemos anunciar este tremendo bolazo que era un segredo a voces!Tiñamos...
10/06/2026

🔥 SÁBADO 4 DE XULLO - KELTOI! E BOOGIES 🔥

Xa vos podemos anunciar este tremendo bolazo que era un segredo a voces!

Tiñamos moitísimas ganas de organizar estes dous concertos e, por fin, este verán teremos a sorte de contar con estas dúas bandazas na vosa rúa favorita!🙌🏿

Punk rock con sentimento en galego e da máxima calidade!🎸

Ningún dos dous grupos precisa presentación. leva moitísimos anos dando guerra e repartindo caña dende Vigo. E malia levar menos tempo nos escenarios, soa como se levase toda a vida enriba deles.

Estreáronse aquí o ano pasado e montaron unha auténtica festa, así que este ano repetimos!💥

📅 Sábado, 4 de xullo
🕙 A partir das 22:00H

Así que xa sabedes: ide preparando as gorxas e as ganas de cantar porque vai ser unha noite para lembrar! 💣

🤘🏿 NON VOLO PERDADES! 🤘🏿

🔥 PROGRAMACIÓN VERÁN - AS POZAS 2026 🔥Deixámosvos por aquí a nosa pequena programación para este verán, que vén ben carg...
28/05/2026

🔥 PROGRAMACIÓN VERÁN - AS POZAS 2026 🔥

Deixámosvos por aquí a nosa pequena programación para este verán, que vén ben cargado de festa, música e bos plans para desfrutar 🍻

Comezamos o sábado 6 de xuño coa Festa Flower Power🌼

O sábado 13 de xuño teremos no campo de fútbol o tan esperado Torneo de Fútbol 7 As Pozas, un día cheo de risas e moi bo ambiente⚽️

O sábado 4 de xullo chegarán uns concertos moi especiais para nós: e en pura acción🤘🏿🔥

O sábado 25 de xullo repetimos temática coa Festa Hawaiana 2.0🌺

E para o luns 3 de agosto, como xa é tradición, teremos 3 auténticos concertazos para dar comezo ás nosas festas favoritas 💣💥

Esperamos que esta pequena programación sexa do voso gusto e vervos por aquí este verán! 👀🔥

⚠️NOVO HORARIO⚠️Aproveitamos a chegada do bo tempo para aumentar un chisco o noso horario!Dende este xoves abriremos ás ...
21/05/2026

⚠️NOVO HORARIO⚠️

Aproveitamos a chegada do bo tempo para aumentar un chisco o noso horario!

Dende este xoves abriremos ás 19.30🍻

🕰️Xoves, Venres e Sábados
de 19.30-peche! 🕰️

Venres e Sábados terraza dende as 20.30H!

Lembrade! Xoves e Venres
petisco coa vosa consumición😋

🥁 VENRES 22 - CHANCARELLOS 🥁Despois do ambientazo da última vez… este venres 22 volvemos encher a rúa de música tradicio...
20/05/2026

🥁 VENRES 22 - CHANCARELLOS 🥁

Despois do ambientazo da última vez… este venres 22 volvemos encher a rúa de música tradicional galega! 👀✨

A partir das 20:30H, Chancarellos regresa para facer soar a mellor música 🎶

Vén g***r da tarde-noite con nós, cantar, bailar e montar unha boa troulada na vosa rúa favorita 🍻🔥

🌼🌸 FESTA FLOWER POWER – SÁBADO 06 DE XUÑO 🌼🌸Vai chegando o bo tempo… e con el arrinca oficialmente a tempada das noites ...
09/05/2026

🌼🌸 FESTA FLOWER POWER – SÁBADO 06 DE XUÑO 🌼🌸

Vai chegando o bo tempo… e con el arrinca oficialmente a tempada das noites que máis nos gustan: as das festas temáticas! 🎭

A partir das 20.30H comezaremos a noite cunha sesión a vinilo da man de
DJ Nomi e Lomba ✌🏿🎧

Boa música, moitas flores e ambientazo na vosa rúa favorita 🌷✨

🍹 Durante toda a tarde-noite teredes bebidas especiais para entrar en modo flower:

🌿 Mojito clásico
🍓 Mojitos de sabores
🍷 Sangría

🌮 Sobre as 22.00H teremos a cea preparada!

E como os tacos da festa mexicana do ano pasado foron un éxito total, repetimos menú 🤤:

🌮 Tacos de carne con nachos�🥑 Opción vegana dispoñible�✨ Ambos menús serán sen glute ✨

E despois de encher a barriga… toca mover o corpo!💃🏿🕺🏿

🪩 A partir das 02.00H non podía faltar DJ Maru Green cos seus temazos e bailoteos que nunca decepcionan 🌻🔥

🌈 Sacade os vosos looks máis retros e coloridos para desfrutar e bailar ata estoupar… porque imos líala pacíficamente ben parda!! ✌🏿🪩

☮️ PAZ, AMOR E FESTA RACHADA! ☮️

⚽🔥 TORNEO FÚTBOL 7 AS POZAS – SÁBADO 13 DE XUÑO🔥⚽Xa está aquí a primeira edición do Torneo de Fútbol 7 As Pozas! O sábad...
03/05/2026

⚽🔥 TORNEO FÚTBOL 7 AS POZAS – SÁBADO 13 DE XUÑO🔥⚽

Xa está aquí a primeira edición do Torneo de Fútbol 7 As Pozas! O sábado 13 de xuño vémonos no campo da Sangriña para un día cheo de fútbol, risas e moi bo ambiente 🙌🏿

👥 Máximo 10 equipos
👤 Ata 12 xogadores por equipo

💰 Inscrición: 10€ por persoa
👉🏿 Inclúe xantar, froita e auga

🏆 PREMIOS:
🥇 Bono 150€ en As Pozas
🥈 Bono 100€ en As Pozas
🥉 Bono 50€ en As Pozas

📆 Data límite de inscrición: venres 29 de maio

🎲 Sorteo: venres 12 de xuño en As Pozas ás 21:30h

Haberá música, comida e bebida a prezos populares!🍻

📲 Máis info e inscricións por MD

⚠️ PRAZAS LIMITADAS – non o deixes para o final!

🎓🇺🇸 SÁBADO DE PIÑATA – COLEXIO AMERICANO 🇺🇸🎓🎭Como o entroido xa está á volta da esquina, este sábado 21 non podía faltar...
01/02/2026

🎓🇺🇸 SÁBADO DE PIÑATA – COLEXIO AMERICANO 🇺🇸🎓

🎭Como o entroido xa está á volta da esquina, este sábado 21 non podía faltar unha boa festa temática como vén sendo costumbe 🎭

Nesta ocasión propoñémosvos unha temática de colexio americano, así que xa sabedes… toca tirar de imaxinación e sacar o voso lado máis USA 🏀🎒👟

🏆Haberá concurso de disfraces (individual ou en parella) con premios moi tops:

🥇 Cea para dúas persoas en Gula Taberna

🥈 Bono de consumicións en As Pozas por valor de 40€

🥉 Cea para dúas persoas no Novo Rumbo

📸Para participar, sube unha story mencionándonos o sábado pola noite 📲

Durante a semana faremos enquisas nas stories por roldas 🔥

Os máis votados pasarán de fase ata elixir os gañadores 🏆

A festa comezará ás 23.30H con Lomba dándoo todo 🤘🏿

E a partir das 02.00H, collerá o relevo
DJ Maru Green para facervos bailar ata que o corpo aguante 💃🏿

Preparade o look, xuntade á cuadrilla e vinde desfrutar do sábado de piñata como se merece 🍻

Agardámosvos! 😜

💥 FESTA III ANIVERSARIO 💥Presentámosvos unha pequena programación para a última fin de semana do mes, coa que queremos c...
13/01/2026

💥 FESTA III ANIVERSARIO 💥

Presentámosvos unha pequena programación para a última fin de semana do mes, coa que queremos celebrar o noso terceiro aniversario! 🎉

O VENRES 30, dende as 19.30H, poderedes degustar uns petiscos de balde para encher ben a barriga e ir quentando motores…

Ás 21.00H comezará a actuación da Murga Airiños do Cereixo, que nos fará pasar un anaco xenial con bailes e cantos! .airinhosdocereixo …🥁🍒

Pero isto non remata aquí… o sábado seguimos dende ben cedo 👀

Nesta ocasión estreamos un horario novo para nós! 🫢

Vémonos o SÁBADO 31 ás 13.00H para a nosa primeira sesión vermú!

Teremos en acción un pedazo de dueto local .corner_ de versións de rock e soul clásico, composto por piano e voz, que non vos deixará indiferentes🎙️🎹

Ademais, contaremos cun cortador de xamón de balde desde as 13.00H, para facer boa base 🤤

Facemos un descanso rápido e vémonos pola tarde a partir das 20.00H!

Pincharemos un barril de cervexa de balde para todxs vós 🍻

Ás 21.00H comezará a sesión da nosa querida DJ Nomi, para empezar a mover o corpo 🪩

Ás 21.30H ofreceremos unha tapa de balde para coller forza (con opción vegana) 😋

E para rematar, sobre as 02.00H, teremos a DJ Maru Green, para que non deixedes de cantar e bailar durante toda a noite 💃🏿🕺🏿

Moitas grazas a todxs por acompañarnos durante estes anos! 🫶🏿

Dirección

Vicente Sobrino 22
Aguarda
36780

Horario de Apertura

Miércoles 20:00 - 03:00
Jueves 20:00 - 03:00
Viernes 20:00 - 04:30
Sábado 20:00 - 04:30

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando As Pozas A Guarda publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a As Pozas A Guarda:

Compartir

Categoría