01/10/2026
CHEGOU OUTUBRO E CON EL, O NOSO CONCURSO DE RETRANCAS DE MORTE 🎃💀
Este Samaín queremos sacar o voso lado máis retranqueiro…
Tes unha retranca que dá medo?
Unha frase que merece quedar para a posteridade?
Unha ocorrencia tan boa que ata os mortos rirían?
Pois este é o teu momento!
Participa no noso CONCURSO DE RETRANCAS DE MORTE e pon a proba o teu enxeño, o teu humor e, sobre todo… a túa retranca!
Haberá premio para a retranca máis terrorificamente boa.
Anímate a participar e celebra o Samaín con nós!
Porque neste Samaín…
os mortos resucitan, pero a retranca nunca morre.
Envía o teu audio/vídeo de non máis de 1min ao email do cartel.Déixanos datos sobre ti (nome, curso).
Organiza: Equipo de Dinamización da Lingua Galega