Linda Rama

Linda Rama Linda Rama. Café e livros Cineclube, apresentaçons, galeria e espaço cultural. Abrimos todos os dias (Excepto domingos) a partir das 17h00 até a madrugada.

Livraria especializada em ensaio e Gin&Tonic Bar com mais de 50 variedades de genebra, ampla cava de vinhos, mais de 30 referências de cerveja artesanal e do mundo, cafés especiais (até as 22h00), tostas, tartas artesanais... etc.

Non tedes curiosidade por ver como quedou o "Perla Negra"? Pois mañá abrirá por vez primeira as súas portas con horario ...
30/06/2017

Non tedes curiosidade por ver como quedou o "Perla Negra"? Pois mañá abrirá por vez primeira as súas portas con horario de 17:00 a 3:30!

Novos donos, novo deseño, novo proxecto... pero copas e preocupación artística co mesmo mimo de sempre. Alí estaremos para lles desexar a mellor das singraduras.

Sabemos que en breve inaugurará exposición Gosia Trebacz e que hai novo e comodísimo mobiliario. O resto das novidades descubrirémolas xunto coas copas de mañá!

Vémonos alí! Sorte, rapaces!

21/06/2017

Como sabedes a que era Linda Rama cambiou de donos, e agora con Eric e Ángel comandando o navío pasa a se converter na "Perla Negra": un espazo onde terán cabida as manifestacións artísticas e os mellores Gin&Tonics.

O noso proxecto acabou e o noso barco arribou a novos portos, así que nesta nova ligazón encontraredes todas as novidades a partir de agora: https://www.facebook.com/perlanegra15001

Despois do S. Xoán chegará a inauguración e, pola nosa banda, alí estaremos tomando a primeira copa de moitas!

Desexámoslle a estes capitáns a mellor das singradauras.

Avante toda Perla Negra!

Un local único en donde disfrutar del Arte y los Gin-tonics

Acabando o luns? Mereces un Gin&Tonic!
15/05/2017

Acabando o luns? Mereces un Gin&Tonic!

[Traspásase negocio] Chegan ventos de cambio á Linda Rama!Pero perdede coidado, Linda Rama non fecha! :DComo xa saberede...
13/05/2017

[Traspásase negocio] Chegan ventos de cambio á Linda Rama!

Pero perdede coidado, Linda Rama non fecha! :D

Como xa saberedes moit*s, este proxecto –crear un espazo de ocio alternativo e en 100% en galego, vehiculado a través dun bar, dunha libraría especializada e dunha galería que funcionasen en conxunto–, naceu xusto pasada a noite de San Xoán de 2014. Só tres meses despois a Linda Rama xa era unha realidade.

E que realidade! Con máis de 200 actos culturais desenvolvidos: Cineclube (con Xan Gómez Viñas e José Manuel Sande), Salasal (con Mark Zlick), Concertos, Obradoiros, Mercados populares, Festas temáticas, Presentacións, Recitais, Teatro, Ciclos de Narración Oral, Exposicións... e un espazo de bar que se foi especializando en combinados con elaboración Premium e que se converteu en referente cada fin de semana. Felicidade e tant*s amig*s nov*s!

Foi precisamente nesa forza que ten a amizade na que forxamos este espazo Daniel R. Cao e Alberto Pombo, logo dunha viaxe a Lisboa, pero o servizo á vocación politolóxica no primeiro caso, e a re-incorporación á docencia de lingua e literatura agora nun instituto coruñés, lévannos a dispoñibilizar para traspaso este local que abriu por vez primeira no ano 1901 e que se sitúa entre os dous barrios máis históricos da cidade: O corazón da Peixaría e a porta de entrada na Cidade Vella.

Pero insistimos, Linda Rama non fecha! Aberta esta nova vía, nós seguimos coma sempre agardando por vós no número 4 da Rúa Porta de Aires, cos mellores actos e a mellor programación cultural!

Hoxe mesmo, con Javi detrás dos mandos elaborando os mellores Gins até as 3h30. E lembrade que na semana próxima estarán na Linda Rama: Carmen Conde (Premios Darwin, xoves 18), Manu Cruz Fotografía (venres 19) e o colectivo de animación que promociona o 2d e o 3d na Coruña, con directores e premiados nos Mestre Mateo, e facendo proxeccións e coloquio! (cine, sábado 20). Case nada!

Máis información e dossier técnico: [email protected]

Na Linda Rama xa estamos preparando a visita á Coruña de Carmen Conde! E é que esta casa acollerá no próximo xoves 18 de...
09/05/2017

Na Linda Rama xa estamos preparando a visita á Coruña de Carmen Conde! E é que esta casa acollerá no próximo xoves 18 de maio o espectáculo . Anotade a data e non a perdades!

[Entradas a 5€ até completar aforo. Reserva xa a túa e non quedes sen ver o espectáculo que está arrasando este ano!]

Mañá temos xornada de poesía e música con "Poesis" de Elisabeth Oliveira, na que participarán tamén a escritora Emma Ped...
09/05/2017

Mañá temos xornada de poesía e música con "Poesis" de Elisabeth Oliveira, na que participarán tamén a escritora Emma Pedreira e os músicos Manoele de Felisa e Gustavo Almeida.

Esperámosvos, coma sempre, no número 4 da rúa porta de aires da Cidade Vella: Na Linda Rama, onde mellor? :)

Coñeces o novo gin Carmela? Desde as Illas Canarias chéganos esta delicia á Linda Rama cos sabores exóticos da Guaiaba e...
31/03/2017

Coñeces o novo gin Carmela? Desde as Illas Canarias chéganos esta delicia á Linda Rama cos sabores exóticos da Guaiaba e o Mango! DE-LI-CIA! ❤️️

Non quedes sen saboreala, en copa de balón, con xeo ultra compacto especial para combinados, botánicos seleccionados... e só por 5€!!

Esperámoste, desde xa e até as 3:30, co mellor ambiente e a mellor música!

Hoxe toca descanso forzado na Linda Rama, e é que tivemos unha pequena avaría eléctrica no local que xa estamos tentando...
27/03/2017

Hoxe toca descanso forzado na Linda Rama, e é que tivemos unha pequena avaría eléctrica no local que xa estamos tentando solucionar para volver mañá con máxima forza e enerxía renovada!

Pero, mesmo que alí non haxa gin&tonics, o que tedes no Centro Ágora hoxe ás 20h30, é o recital dun amigo desta casa: Celso Fernández Sanmartín, xunto coa poeta zapoteca Natalia Toledo.

Emprazámosvos alí, e vémonos mañá -novamente- no número 4 da rúa porta de aires!

Por fin chegou a finde! E na Linda Rama xa vos esperamos coa mellor selección de combinados desde só 5€. Ven saborear ne...
24/03/2017

Por fin chegou a finde! E na Linda Rama xa vos esperamos coa mellor selección de combinados desde só 5€. Ven saborear nesta tarde un dos nosos 60 gins con tónica Premium!

Esperámosvos co mellor ambiente, as mellores copas e a mellor música no número 4 da rúa porta de aires da cidade vella. E até as 3h30!

E mañá, Fado con Falúa a partir das 21h00!

Tiverom que passar já dous anos, mas finalmente haverá fado na Linda Rama!E nada menos que da mao das companheiras de Fa...
14/03/2017

Tiverom que passar já dous anos, mas finalmente haverá fado na Linda Rama!

E nada menos que da mao das companheiras de Falua que, nesta ocasiom, contarám ademais com a colaboraçom do músico e amigo Ricardo Rodríguez Morente.

A entrada é gratuita, assim que ide anotando a data do sábado 25 de março, (este que entra nom, mas já o seguinte) que há ser umha noite única!

Dirección

Rua Porta De Aires, 4
A Coruña
15001

Horario de Apertura

Lunes 17:00 - 01:30
Martes 17:00 - 01:30
Miércoles 17:00 - 01:30
Jueves 17:00 - 01:30
Viernes 17:00 - 03:30
Sábado 17:00 - 03:30

Teléfono

981905115

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Linda Rama publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Linda Rama:

Compartir

Categoría