12/07/2026
🔭 🕶️ ☀️ 🌒 💫 𝐀 𝐨𝐛𝐬𝐞𝐫𝐯𝐚𝐜𝐢ó𝐧 𝐝𝐚 𝐞𝐜𝐥𝐢𝐩𝐬𝐞 𝐭𝐨𝐭𝐚𝐥 𝐝𝐞 𝐬𝐨𝐥 𝐨 12 𝐝𝐞 𝐚𝐠𝐨𝐬𝐭𝐨 𝐜𝐨𝐧𝐞𝐜𝐭𝐚𝐫á ó 𝐀𝐥𝐭𝐚𝐫 𝐝𝐨 𝐒𝐨𝐥 𝐞𝐧 𝐋𝐚𝐥í𝐧 𝐜𝐨𝐚 𝐩𝐫𝐚𝐢𝐚 𝐝𝐚𝐬 𝐂𝐚𝐭𝐞𝐝𝐫𝐚𝐢𝐬 𝐞𝐧 𝐑𝐢𝐛𝐚𝐝𝐞𝐨
O Concello de Lalín ofrece unha programación continua de máis de 7 horas de duración que combinará a observación da eclipse con explicacións científicas, visitas interpretativas ao patrimonio megalítico, concertos, observación das Perseidas e conexións en directo coa Praia das Catedrais, no Concello de Ribadeo, configurando unha experiencia compartida entre o interior e a costa galega.
𝙋𝙧𝙤𝙜𝙧𝙖𝙢𝙖𝙘𝙞ó𝙣:
17.30 h ▪️Saída buses gratuítos desde a Praza de Galicia en Lalín. Reserva de prazas ☎️ 986 784 004 ou 📧 [email protected]
17.50 h ▪️Apertura punto de información na entrada á finca que dá acceso ao Altar do Sol, con entrega de gafas homologadas para a observación aos 500 primeiros visitantes.
18.00 h ▪️Contextualización histórica e arqueolóxica do conxunto megalítico de Alperiz, guiada polo arqueólogo Víctor García.
19.15 h ▪️O profesor José Ángel Docobo, director científico de Lalín Destino Starlight, iniciará a explicación da eclipse e establecerase a conexión en directo con Ribadeo.
20.15 h ▪️Preparación para a observación; ás 20.25 h producirase o momento máis esperado da xornada coa visualización da eclipse total de sol.
20.40 h ▪️Finalizado o fenómeno, o profesor Docobo explicará aspectos máis destacados, e remate da conexión con Ribadeo.
21.00 h ▪️Concerto do dúo Caamaño & Ameixeiras, conformado por Sabela Caamaño (acordeón cromático) e Antía Ameixeiras (violín e voz).
22.30 h ▪️Actuación de DJ K**e Varela, que estreará o espectáculo "Electrofoliada no Altar do Sol".
23.55 h▪️Observación nocturna das Perseidas, con explicacións do profesor Docobo.
01.00 h ▪️Saída dos autobuses de regreso a Lalín.
A programación conta coa colaboración da Xunta de Galicia, da Deputación Pontevedra, así como do Concello de Ribadeo, facendo posible unha das iniciativas de divulgación astronómica máis completas organizadas en Galicia ese día.
Fundación Starlight